Zarautz é unha cidade e concello do País Vasco, situada na parte oriental da comarca de Urola Kosta, na provincia de Guipúscoa. Esta vila turística linda ao leste e ao sur co concello de Aia, e ao oeste co concello e cidade de Getaria. Posúe catro enclaves, que lindan cos concellos xa mencionados, chamados Alkortiaga, Elkano, Sola e Arbestain. Este último comparte fronteira tamén co concello de Aizarnazabal. En 2023 (INE) contaba cunha poboación de 23 152 habitantes, mais en épocas estivais, adoita chegar aos 45 000. Zarautz atópase a uns 15 km de distancia da capital provincial, Donostia.
Segundo algúns manuscritos achados, aínda que non conclusos, nos estaleiros de Zarautz construíuse a primeira nave que deu a volta ao mundo, nomeada ''nao Victoria'', comandada por Juan Sebastián Elcano, nado ao carón de Zarautz, na localidade veciña de Getaria.
Cos seus 2,8 km, a praia de Zarautz é a máis extensa do País Vasco, do mesmo xeito que unha das máis longas do mar Cantábrico. A zona preto ao paseo marítimo destacaba pola presenza de palacetes e vivendas construídas pola alta burguesía durante o século XIX, que foron substituídas gradualmente por edificios e vivendas. O Palacio de Narros, situado á fronte da praia, foi un posto de veraneo para a raíña Isabel II de España, así como da raíña consorte de Bélxica, Fabiola de Bélxica.
Entre as primeiras noticias históricas acerca de Zarautz está a concesión de carta foral polo rei Fernando III de Castela en 1237.
A súa poboación dedicouse tradicionalmente á pesca, especialmente a de baleas. Esta tradición mariñeira continuou até o século XVI, pasou a dedicarse en boa medida a actividades industriais como ferrerías, estaleiros navais, confección téxtil e de mobles.
Na segunda metade do XIX douse unha importante evolución na economía local, cando a raíña Isabel II de España colleu o costume de pasar un tempo de repouso no verán, e escolleu a vila de Zarautz como lugar de estancia; á raíña foi seguida de familias nobiliarias e outras persoalidades que arrastraban consigo un numeroso séquito. Zarautz pasou a converterse nunha das primeiras localidades turísticas de España. A localidade enriqueceuse con construcións luxuosas e o ritmo mantívose durante a primeira metade do século XX.
A cidade está dotada de moitos xardíns e parques: Parque de Vista Alegre', Parque de Mutxio, Parque de Torre Luzea, Parque de Pagoeta (cun museo no mesmo parque e cunha antiga ferraría).
As máís importantes son a patronais de San Pelaio do 25 ao 27 de xuño. Tamén a festas da Virxe, do 14 ao 17 de agosto e as Euskal Jaiak o 9 de setembro.