Orixinario da revolución francesa, o termo xacobinismo, tamén chamado xacobismo, tivo unha significación diferenciada e evolutiva ao longo dos tempos. Orixinalmente, un xacobino era un membro do Club Xacobino, club masónicofrancés con representación nos Tres Estados e, despois, na Asemblea Nacional Francesa.
No seu inicio, nos finais do século XVIII en Francia, a expresión era xeralmente aplicada de forma pexorativa a calquera corrente de pensamento que, para quen aplicaba o termo, fose defensora de opinións revolucionarias extremistas ou radicais. O termo era en xeral lanzado por persoas que defendían a democracia, contra esquerdistas radicais que cravaban a ditadura paradoxalmente para impor pola forza a propia democracia. Os primeiros xacobinos, setecentistas, eran pequenos burgueses aínda moi ligados ás súas orixes rurais e pobres, con pensamentos políticos e sociais radicais (querían o exterminio dos nobres).
Recibiron a denominación de xacobinos pois se reunían inicialmente no Convento de Santiago dos dominicos (do nome Santiago ou Xacobo, que en latín é Santus Iacobus e en francés Saint-Jacques). Os seus membros defendían mudanzas máis radicades que os xirondinos: eran contrarios á Monarquía e querían implantar unha República. Ese grupo era apoiado por un dos sectores máis populares de Francia - os sans-cullotes - e, xuntos, loitaron por outras mudanzas sociais despois da revolución. Sentábanse á esquerda do salón de reunións.