Wimbledon, Londres
| Wimbledon, Londres | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Wimbledon é un distrito de Londres, Inglaterra, situado no municipio de Merton. Ten unha poboación de 68.187 habitantes. É famoso polo torneo de tenis de Wimbledon.
Historia
[editar | editar a fonte]Estivo habitado dende a Idade de Ferro, e atopouse un forte (hillfort) daquela época en Wimbledon Common. Segundo o Domesday Book de 1087, formaba parte da mansión de Mortlake. Ao longo dos séculos, foi propiedade de varias familias acomodadas, que construíron alí diversas propiedades.
Foi unha rica vila mercantil até a chegada do ferrocarril en 1838, pero desde entón experimentou un crecemento demográfico significativo.[1] Converteuse nun municipio, pero incorporouse ao municipio de Merton en 1965.[2]
Ao longo da súa historia, Wimbledon acolleu residentes destacados da política, como os primeiros ministros do Reino Unido Charles Watson-Wentworth e George Hamilton-Gordon, o oficial Horatio Nelson ou o emperador de Etiopía Haile Selassie, escritores e filósofos como Arthur Schopenhauer e Robert Graves, xente do cinema como Margaret Rutherford, o actor Oliver Reed e o director Ridley Scott e científicos como Ernst Boris Chain e o investigador en intelixencia artificial Geoffrey Hinton.
Deportes
[editar | editar a fonte]O evento deportivo máis famoso é o Campionato de Wimbledon, o máis antigo dos catro Grand Slams do mundo. Celebrouse por primeira vez en 1877.
O All England Lawn Tennis and Croquet Club en Wimbledon foi a sede das competicións de tenis nos Xogos Olímpicos de 2012.
O Wimbledon FC foi o equipo de fútbol máis laureado da cidade, gañando a FA Cup na tempada 1987-88, e derrotando o Liverpool por 1-0 na final. En 2003 e víronse obrigados a formar un novo club, o AFC Wimbledon.
Tamén residiron en Wimbledon deportistas como o piloto de Fórmula 1 James Hunt e Laurence Doherty, gañador de 13 campionatos de Wimbledon,
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Centro de Wimbledon.
- Casa Cannizaro
- Novo Teatro de Wimbledon
Medios de transporte
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kemp, Edward (1851). The Parks, Gardens, Etc., of London and Its Suburbs, Described and Illustrated, for the Guidance of Strangers (en inglés). John Weale.
- ↑ "Municipio de Wimbledon _ AcademiaLab". academia-lab.com. Consultado o 2025-12-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wimbledon, Londres |