Saltar ao contido

Wikipedia:Zona de probas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:ZP
Esta é a zona de probas
Esta é a zona de probas

A zona de probas é o lugar onde se poden realizar experimentos de edición e visualizar os resultados na Galipedia. Pode facer libremente cantas probas estime oportuno. Ninguén lle vai chamar a atención polos cambios que faga nesta páxina.

Seguindo as normas xerais da Galipedia, por favor non inclúa contido con dereitos de autor, ofensivo ou non enciclopédico.

As edicións ou comentarios que se poñan nesta páxina non son permanentes, o único que permanece é este texto introdutorio. Cada certo tempo bórrase o contido da Zona de probas.

Premendo en "Editar" pódese cambiar o contido. Na opción "Amosar a vista previa" obtemos unha previsualización da edición. Con "Gardar a páxina", queda gravado o resultado e rematou a edición. É unha boa práctica escribir no campo "Resumo:" un pequeno comentario das probas realizadas.


A partir de aquí pode facer as súas probas:


Raquel Areal

[editar a fonte]

Raquel Areal (Tui, 14 de agosto de 1999) é unha nova violinista galega recoñecida por obter numerosos premios e bolsas. Entre eles destacan a bolsa da Fundación Alexander von Humboldt e o primeiro premio no Concurso Internacional Lipinski & Wieniawski (2018).

Tocou en numerosas orquestras, como a Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Orquestra Nacional de España, e no ano 2025, con 26 anos, converteuse na primeira galega en formar parte da Orquestra Sinfónica de Berlín.

Na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid recibiu formación dos violinistas Zakhar Bron e Yuri Volguin, e completou os seus estudos de máster na Hochschule für Musik Hanns Eisler de Berlín baixo a dirección de Kolja Blacher.

Primeiros anos e formación:

[editar a fonte]

Raquel Areal procede dunha familia na que sempre estivo moi presente a música clásica. Cando a súa irmá comezou a tocar o violín, ela tamén quixo aprender a tocar este instrumento. Iniciou os seus estudos musicais en Tui (Galicia) e en Espinho (Portugal).

En 2013 comezou a súa primeira formación orquestral coa Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, da que formou parte ata 2016. Ese mesmo ano ingresou como estudante na Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid, onde cursou os seus estudos entre 2016 e 2021.

Con 22 anos obtivo unha praza de violín tutti na Orquestra Nacional de España e posteriormente realizou os seus estudos de máster na Hochschule für Musik Hanns Eisler de Berlín baixo a dirección de Kolja Blacher.

Participou en numerosas clases maxistrais impartidas por destacados músicos, entre os que destacan Gerardo Riveiro, Ani Schnarch, Agustín León Ara, Natalia Prishepenko, Christoph Poppen, Dora Schwarzberg, Miriam Fried, Christian Tetzlaff, Ingolf Turban, Silvia Marcovici, Luis Fernando Pérez e Oliver Wille.

Carreira musical:

[editar a fonte]

Raquel Areal participou e foi galardoada en certames como o Concurso Internacional Lipinski & Wieniawski (Polonia), o Concurso Juventudes Musicales de España e o Primer Palau de Barcelona.

Traballou con grandes formacións orquestrais como a Berliner Philharmoniker e a Staatskapelle de Berlín, colaborando con directores de prestixio internacional como Daniel Barenboim, Kirill Petrenko, Daniel Harding e Gustavo Dudamel, entre outros.

Na actualidade colabora con frecuencia como concertino e concertino asistente na Staatskapelle de Berlín e na Orquestra Sinfónica de Galicia.

Actuou en salas e auditorios de Alemaña, Portugal, España, República Checa, Polonia e Estados Unidos. Ademais da súa actividade en orquestras, desenvolve unha intensa carreira como solista e intérprete de música de cámara, compartindo escenario con músicos como Nobuko Imai, Antje Weithaas, Jonathan Brown, Miklós Perényi e Zakhar Bron.

Premios:

[editar a fonte]
  • Primeiro premio no Concurso Internacional de Violín Lipinski & Wieniawski (2018).
  • Segundo premio no Concurso Juventudes Musicales de España (2018).
  • Segundo premio no Concurso Nacional Premio Jovens Músicos de Portugal (2012).
  • Primeiro premio no Concurso Cidade de Vigo (2013 e 2015).

Salas e auditorios:

[editar a fonte]
  • Casa da Música (Porto).
  • Teatro Victoria Eugenia (Donostia-San Sebastián).
  • Palacio da Ópera (A Coruña).
  • Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
  • Museo Reina Sofía e Auditorio Nacional de Música (Madrid).
  • Teatro Real (Madrid).
  • Sala Koncertowa Orkiestry Zamość (Polonia).
  • St. John Francis Regis Chapel, Regis University (Denver, Colorado, Estados Unidos).

Festivais:

[editar a fonte]
  • XX Encontro de Música e Academia de Santander (2021).
  • Eggenfelden Klassisch Festival Ensemble (Alemaña, 2022).
  • Festival Paax GNP (Cancún, México, 2024).
  • Festival Pau Casals (El Vendrell, Cataluña, 2024)

Referencias:.

[editar a fonte]