Saltar ao contido

Wikipedia:Sobre Galicia

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (propor · votar)
Artigos bos (propor · votar)
Artigo sobre Galicia (propor · votar)
Imaxe do día (propor · votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Atallo:
WP:SG

O artigo destacado sobre Galicia é unha sección da Portada e do Portal:Galicia onde se mostra o comezo dun dos máis completos artigos da Galipedia relacionado con Galicia.

Para propor artigos destacados sobre Galicia para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vaia á páxina de propostas.

Durante o actual mes de maio, o artigo destacado sobre Galicia é:

Sobre Galicia

|- |
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade. A Real Academia Galega acordou dedicarlle en 2026 o Día das Letras Galegas.
|- |}

Vindeiros artigos sobre Galicia na Portada

  • En xuño o artigo destacado será:

Sobre Galicia

|- |
Salvador de Madariaga Rojo, nado na Coruña o 23 de xullo de 1886 e finado en Locarno (Suíza) o 14 de decembro de 1978, foi un diplomático, escritor, historiador e pacifista galego. Durante a Segunda República Española foi ministro de Instrución Pública e de Xustiza en 1934. De pensamento liberal e europeísta, logo do inicio da guerra civil española exiliouse no Reino Unido. Durante a Guerra Fría foi un activo militante en contra do comunismo soviético, así como un opositor da ditadura franquista; só retornou a España logo da morte de Franco. Membro de número da Real Academia Española e a Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, como escritor cultivou diversos xéneros: ensaio histórico e político, crítica literaria, novela, biografía ou poesía, entre outros. Foi nomeado en ata nove ocasións ao Premio Nobel da Paz: 1930, 1936, 1952 (6 nomeamentos distintos ese mesmo ano) e 1965 e en cinco ocasións ao Premio Nobel de Literatura (1952, 1963, 1971, 1973 e 1974), aínda que non o gañou en ningún deles. Foi un dos cofundadores, en 1949, do Colexio de Europa.
|- |}
  • En xullo o artigo destacado será:

Sobre Galicia

|- |
Filomena Dato Muruais, nada en Ourense o 26 de xullo de 1856 e finada en Moruxo, Bergondo, o 26 de febreiro de 1926, foi unha poetisa galega do Rexurdimento (na segunda metade do século XIX). Viviu en Galicia toda a súa vida, participando en numerosos movementos e iniciativas de reivindicación da cultura galega e de liberación da estigmatización da muller. Amais de numerosas composicións en prensa, publicou cinco libros: catro en castelán e un en galego. Precisamente Follatos (1891), xunto a Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880) de Rosalía de Castro, foron os únicos libros en galego publicados por mulleres no século XIX, os tres de poesía.
|- |}

Arquivo

Arquivo de sobre Galicia

A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados sobre Galicia do ano pasado, este ano e o vindeiro:

Modelo

A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas de sobre Galicia:

<div style="float:left;margin-right:0.9em">
[[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]]
</div>
'''[[NOME_DUN_ARTIGO_RELACIONADO_CON_GALICIA]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO
<noinclude>[[Categoría:Sobre Galicia de {{subst:CURRENTYEAR}}| {{subst:#time: m|+1month}}]]</noinclude>