Saltar ao contido

Wall Street

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wall Street
 Nome curto
   Wall St (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   605 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal10005 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap18543872 Editar o valor en Wikidata
VIAF315942872 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09937 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Wall Street é unha rúa do Baixo Manhattan, na cidade de Nova York. Corre ao sueste desde Broadway, a través do distrito financeiro até South Street no East River.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O seu nome significa "rúa do muro" e de feito provén dun muro construído polos holandeses no século XVII. O muro foi erixido para protexer a colonia de Nova Ámsterdam, que máis tarde se convertería en Nova York, dos ataques e posíbeis invasións ou incursións por parte de colonos ingleses e tribos nativas americanas incluíndo osindios iroqueses. O muro estaba situado na parte norte da colonia, que hoxe simboliza o distrito financeiro neoiorquino.[1]

Aínda que a orixe máis aceptada do nome é a de que a presenza deste muro é o que eventualmente deu nome á rúa, tamén hai relatos que suxiren unha orixe alternativa, que o nome podería derivar dos "walloons", que eran parte dos primeiros colonos belgas de fala francesa nesa área.[2]

Actividade financeira

[editar | editar a fonte]

É o fogar da Bolsa de Nova York (New York Stock Exchange), a maior bolsa de valores do mundo e do Salón Federal (Federal Hall).

A maioría das sedes de moitas outras bolsas estadounidenses NYSE, NASDAQ, AMEX, NYMEX, NYBOT tamén se realizan desde Wall Street.

O termo "Wall Street" úsase a miúdo para referirse en xeral a toda a industria financeira estadounidense ou mesmo como unha metonimia da economía estadounidense no seu conxunto.[3]

  1. A, Alex (2016-09-27). "Wall Street is so named because an actual wall was built by Dutch settlers in the 17th century to keep out English Colonists and Native American tribes". The Vintage News (en inglés). Consultado o 2025-01-22.
  2. "The Dutch & the English, Part 1: Good Fences, a History of Wall Street". NYC Department of Records & Information Services (en inglés). 2017-02-09. Consultado o 2025-01-22.
  3. "What Is Wall Street? Role in Investing and Why It's Famous". Investopedia (en inglés). Consultado o 2025-01-22.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]