Varnos
Aparencia
| Varnos | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Os varnos ou varinos (en latín: varini) foron unha tribo xermánica que ocupaban unha provincia ao norte da Xermania, non lonxe da costa do mar Báltico. Pode que a súa orixe sexa no sur da rexión escandinava Värend, e terse asentado na Alemaña setentrional.
Publio Cornelio Tácito situounos como suevos e chamoulles varini, Plinio o Vello que os asociou aos vándalos chamoulles varinnae, e Claudio Tolomeo situounos entre os ríos Caluso e Sebo, noméaos viruni.[1] Presuntamente o seu nome significa ou "defensores" ou "vivindo á beira do río".[2]
Segundo Xordanes: Aguiúlfo, gobernador do Reino Suevo de Galicia, era pertencente a esta tribo.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoops, Johannes; Müller, Rosemarie (2006). Reallexikon der germanischen Altertumskunde (2. völlig neu bearbeitete und stark erweiterte Auflage ed.). Berlin: W. de Gruyter. ISBN 978-3-11-018388-7.
- ↑ Tarasov, Илья Тарасов Ilia M. (2018-01-01). "Балты в миграциях Великого переселения народов. Вельты // Аллея науки. № 10 (26). Т. 1. 2018. С. 255-273.". Аллея Науки, №10 (26).