A Universidade de Málaga (UMA segundo as súas siglas) é unha universidade pública en Málaga, fundada en 1972. Estudan preto de 40 000 estudantes e alí traballan preto de 2 450 profesores. Ofrece 63 títulos de grao e 120 de posgrao, incluíndo programas de doutoramento, mestrados e títulos propios. As ensinanzas son impartidas en 19 centros por profesores adscritos a 81 departamentos.
A gran maioría da docencia organízase arredor de dous Campus de Málaga, aínda que a oferta tamén se mantén en centros distribuídos no centro urbano, así como en Ronda e Antequera.