Saltar ao contido

Unbreakable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unbreakable
James Newton Howard Editar o valor en Wikidata
 Título
   Unbreakable (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
 Personaxes
 Lingua orixinal
Implicados
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
28 de decembro de 2000 (Alemaña)
2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Sucedido por
Cifras e dimensións
 Recadación
   248.100.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   106 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0000-2437-0000-C-0000-0000-1 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07xrm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
62/100 Metacritic (16 de xaneiro de 2026)
70% Rotten Tomatoes (16 de xaneiro de 2026)
6.3/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021)
7.2/10 Internet Movie Database Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0217869 Filmaffinity: 136438 Allocine: 27792 Rottentomatoes: m/unbreakable Mojo: unbreakable Allmovie: v214082 TCM: 444131 Metacritic: movie/unbreakable TV.com: movies/unbreakable Netlix: 60002319 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Unbreakable é un filme estadounidense escrito, producido e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou no 2000. Está protagonizado por Bruce Willis e Samuel L. Jackson. Unbreakable conta a historia dun garda de seguridade de Filadelfia, David Dunn, que lentamente descobre que é un superheroe.

Unbreakable recibiu críticas positivas,[1] gabando o tema de superheroe, as interpretacións dos actores e a banda sonora de James Newton Howard. Posteriormente converteuse nun filme de culto[2] e a revista Time listouno entre os dez mellores filmes de superheroes de tódolos tempos.[3]

Elijah Price (Samuel L. Jackson) naceu con osteoxénese imperfecta do tipo I, unha rara enfermidade que provoca que os ósos do corpo rompan doadamente. Afeccionado e debuxante de banda deseñada, durante as súas longas estadías no hospital, Price teoriza sobre o feito de que se el é fráxil en extremo, tamén é probable que exista outra persoa que sexa forte no extremo oposto.

Anos despois, o garda de seguridade David Dunn (Bruce Willis) está tamén buscando o senso da súa existencia. Deixou unha prometedora carreira no fútbol americano por casar coa súa muller Audrey (Robin Wright Penn), pero tempo despois o seu matrimonio fracasou.

Máis tarde prodúcese un accidente ferroviario. Cento dezaoito persoas e sete tripulantes viaxaban no tren de pasaxeiros. Só se atopou un sobrevivente: David Dunn. Elijah Price, proponlle unha estraña explicación que xustificaría por que David saíu indemne do accidente, unha explicación que podería cambiar para sempre a vida de David.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Unbreakable:Review". Metacritic. CBS. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 16 de abril de 2010.
  2. "The Charts". Entertainment Weekly. 5 de outubro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2009. Consultado o 19 de decembro de 2008.
  3. Cruz, Gilbert (3 de xuño de 2011). "Top 10 Superhero Movies: 4. Unbreakable (2000)". Time. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]