Saltar ao contido

Transfesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Transfesa
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1943 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF197549559 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04glsjt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX200595
Wikidata C:Commons

Transfesa é o acrónimo de Transportes Ferroviarios Especiales, S. A., compañía fundada en 1943 polos irmáns Fernández López, de Lugo, para transportar mercancías por ferrocarril en España.

O primeiro tren transporta 4.500 cabezas de gando desde Cañaveral, en Estremadura até Barcelona e utiliza vagóns mercados á Alemaña Nazi pouco antes do bloqueo comercial entre ambos os dous países.

En 1949, os tráficos ferroviarios desta compañía incluíron tamén os cítricos dende o Levante, e en 1950 desenvolveron a tecnoloxía suficiente como para patentar un sistema de cambio de eixos e montar en Hendaia un intercambiador. Isto vai permitir resolver a diferenza de ancho de vía entre España e Francia sen ter que facer custosísimos transbordos das mercadorías na fronteira. Transfesa rompeu o illamento ferroviario español, de xeito que as mercadorías xa podían chegar ó seu destino en Francia, Alemaña e outros países europeos sen necesidade de facer transbordo, o que reducía até nunha semana a viaxe de produtos españois. O sistema de cambio de eixos, empregado hoxe en día por varias administracións ferroviarias, adiantouse nunha década á solución deseñada por Patentes Talgo, do eixe de rodaxe desprazable. Nos anos cincuenta, Transfesa transporta toda sorte de mercadorías, incluíndo cementos e outros pulverulentos. En 1964 converteuse na primeira multinacional galega, con empresas filiais en Francia, Gran Bretaña, Suíza, Alemaña, Italia e Portugal e a primeira multinacional ferroviaria española.

Transfesa foi o berce dun conglomerado empresarial que abrangue sectores como o químico e a alimentación, con marcas como Pescanova, Zeltia, Frigolouro, Fontecelta e Corporación Noroeste, entre outras.

A maioría de capital galego permaneceu en Transfesa até 2007, cando Deutsche Bahn, a administración ferroviaria alemá, adquiriu o 51 % do capital da compañía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]