TotalBiscuit
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en-gb) John Peter Bain 8 de xullo de 1984 Spennymoor |
| Morte | 24 de maio de 2018 Charlotte |
| Causa da morte | intestinal cancer (en) |
| Lugar de sepultura | valor descoñecido |
| Outros nomes | TotalBiscuit The Cynical Brit TotalHalibut |
| Relixión | Deísmo |
| Educación | De Montfort University (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | youtubeiro, videoblogueiro, xogador profesional de videoxogos, produtor de televisión, video game critic (en) |
| Período de actividade | 2005 |
| Deporte | deporte electrónico |
| Disciplina deportiva | Hearthstone Starcraft II |
| Familia | |
| Cónxuxe | Genna Bain |
| Premios | |
| |
John Bain, nado o 8 de xullo de 1984 en Spennymoor, Inglaterra, e finado o 24 de maio de 2018, máis coñecido polos seus alcumes de TotalBiscuit, The Cynical Brit, e TotalHalibut, foi un comentarista e crítico de videoxogos, realizando o seu traballo principalmente nas plataformas de YouTube e Twitch.tv. Segundo Eurogamer, os seus vídeos sobre novos videoxogos indie e as súas análises regulares sobre novas relacionadas co mundo dos videoxogos levárono a conseguir unha considerable cantidade de seguidores.[1] O 13 de marzo de 2013 acadou o millón de subscritores na súa canle de YouTube, ocasión pola que publicou un vídeo de media hora de duración comentando diversos aspectos da súa vida.[2]
A principal fonte da súa popularidade foi a súa canle principal de YouTube, sendo a súa serie máis popular a titulada "WTF is...?", na que amosaba as súas primeiras impresións sobre videoxogos de nova publicación.[3] Segundo Will Porter de Eurogamer suxeriu que a súa popularidade debíase ao "ton de autoridade" da súa voz,[1] mentres que o mesmo TotalBiscuit declarou que a chave do seu éxito eran a súa honestidade e personalidade.[3] En xaneiro de 2015 Totalbiscuit converteuse no primeiro curador da plataforma Steam, cuns 400 000 seguidores.[4]
Foi nomeado nos premios Golden Joystick de 2012 na categoría de Greatest YouTube Gamer,[5] e o 5 de decembro de 2014 recibiu o premio do público nos The Game Awards na categoría "Trending Gamer".[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Porter, Will. "The cult of TotalBiscuit". EuroGamer (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ Bain, John. "1 Million Subscribers Vlog" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2013.
- 1 2 Calvin, Alex (2014-05-06). "WTF is... TotalBiscuit?" (en inglés). Consultado o 2014-10-19.
- ↑ "Top Steam Curators". Steam Store (en inglés). Consultado o 2015-01-27.
- ↑ "Golden Joystick Award Winners 2012" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de novembro 2012.
- ↑ "The Game Awards Nominees 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2014.