Things Falling Apart é un álbum de remesturas da banda de metal industrial estadounidense Nine Inch Nails, editado o 21 de novembro do 2000 polo selo Nothing Records. Things Falling Apart é o sexto lanzamento oficial do grupo e é o álbum de remesturas de acompañamento de The Fragile, aínda que a diferenza deste non se trata dun disco dobre.
O álbum recibiu polo xeral malas críticas despois da súa edición. Entre os seus detractores estaba a revista NME, que lle deu unha puntuación de 10 sobre 10 como unha broma en contraste co texto que describía a súa desaprobación con respecto ao disco. Moitos críticos consideran Things Falling Apart o peor traballo da banda, ademais do peor disco editado por Nothing Records.