Saltar ao contido

The Dead Milkmen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Dead Milkmen
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1983 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1983 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF151870603 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000101929469 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02c20v Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: 230620853615355 Twitter: deadmilkmen Youtube: UCkjW5QhdWDB2zPV3RtZaAUg Bandcamp: thedeadmilkmen1Souncloud: thedeadmilkmen Spotify: 2fhngmJMaaKcdhXHCa4cPK Musicbrainz: cdd2e0f0-703d-454d-b5c7-cc3bb6dd5552 Songkick: 125935 Discogs: 116901 Allmusic: mn0000140891 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Dead Milkmen é unha banda estadounidense de punk rock formada en 1983 en Filadelfia, Pensilvania. A súa formación orixinal consistía no vocalista e teclista Rodney Linderman ("Rodney Anonymous"), o guitarrista e vocalista Joe Genaro ("Joe Jack Talcum"), o baixista Dave Schulthise ("Dave Blood") e o batería Dean Sabatino ("Dean Clean").

A banda distinguiuse na escena hardcore punk de principios dos 80 polo seu son punk jangly e o seu humor sardónico entregado cun forte acento de Filadelfia. O grupo chamou a atención das emisoras de radio universitarias co seu álbum de estrea de 1985, Big Lizard in My Backyard, e co tema "Bitchin' Camaro". Longas xiras e máis lanzamentos axudaron á banda a conseguir máis seguidores no underground.

The Dead Milkmen conseguiu éxito internacional coa canción "Punk Rock Girl", un sinxeo do seuálbum de 1988 Beelzebubba que foi emitido regularmente na MTV.[1] Despois dunha temporada desafortunada co selo Hollywood Records, de problemas de saúde e frustracións coa industria a raíz do seu éxito a banda separouse en 1995.

O grupo reuniuse en 2008, con Dan Stevens substituíndo ao falecido Dave Schulthise. En 2011 publicaron The King in Yellow, o seu primeiro álbum de estudio en 16 anos.[2] Dende entón a banda realiza xiras esporadicamente e publica novo material de cando en vez.[3]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Big Lizard in My Backyard 1985 Restless Records
Eat Your Paisley! 1986 Restless Records
Bucky Fellini 1987 Enigma Records
Beelzebubba 1988 Enigma Records
Metaphysical Graffiti 1990 Enigma Records
Soul Rotation 1992 Hollywood Records
Not Richard, But Dick 1993 Hollywood Records
Stoney's Extra Stout (Pig) 1995 Restless Records
The King in Yellow 2011 autoeditado
Pretty Music for Pretty People 2014 Quid Ergo
  1. Staff, Billboard (2004-03-11). "Dead Milkmen’s Dave Blood Dies". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-03-07.
  2. "The Dead Milkmen to Release First New Album in 16 Years". Verbicide (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-07.
  3. "The Dead Milkmen". Discogs (en inglés). Consultado o 2023-03-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]