Teodoro II, papa de Alexandría
(2019) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ar) وجيه صبحي باقي سليمان 4 de novembro de 1952 Mansura |
| 18 de novembro de 2012 – ← Xinuda III | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexas ortodoxas orientais e Igrexa ortodoxa copta |
| Educación | Universidade de Alexandría - farmacoloxía Mosteiro de San Bishoi |
| Actividade | |
| Ocupación | Papa da Igrexa Ortodoxa Copta de Alexandría, patriarca |
| Consagración | Xinuda III |
Teodoro II (en copto: Ⲡⲁⲡⲁ Ⲁⲃⲃⲁ Ⲑⲉⲟ́ⲇⲱⲣⲟⲥ ⲃ̅ , tr. Papa Abba Theódōrōs II; en árabe: البابا تواضروس الثاني, tr. al-Baba Tawadurus al-zani), nado en Mansura (Exipto) o 4 de novembro de 1952 é o 118º Papa de Alexandría da Igrexa Ortodoxa Copta, no cargo dende o 18 de novembro de 2012.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu como Waxih Subhi Baqi Sulaiman (وجيه صبحى باقى سليمان) o 4 de novembro de 1952 na cidade de Mansura, Exipto.[1] Estudou Farmacia na Universidade de Alexandría, graduándose en 1975.[1] Aos poucos anos de traballar nunha compañía farmacéutica, ingresou no mosteiro de san Pishoi de Wadi al Natrun, e foi ordenado sacerdote en 1989.
O 15 de xuño de 1997 foi consagrado bispo polo papa de Alexandría Xinuda III,[2] e tomou o nome de "Teodoro". Foi asignado á eparquía de Bihira.
Á morte de Xinuda III, estivo entre os tres candidatos para sucederlle, resultando elixido o 18 de novembro de 2012.
O 8 de maio de 2013 Teodoro II visitou no Vaticano ao papa Francisco; esta foi a segunda vez que un papa copto visitaba ao seu homólogo católico.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Eglise de la Vierge Marie et Saint Mina, Marsella (Francia) (ed.). "Sa Sainteté le pape Tawadros II (Théodore II), pape d'Alexandrie" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 30-10-2013. Consultado o 22-09-2014.
- ↑ Igrexa Ortodoxa Británica (ed.). "Bishop Tawadros chosen by the Sacred Lot to be 118th Pope" (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2014.