Taras Schevchenko
(1859) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (uk) Тарас Григорович Шевченко 25 de febreiro de 1814 (Xuliano) Moryntsi |
| Morte | 10 de marzo de 1861 San Petersburgo |
| Causa da morte | ascite |
| Lugar de sepultura | Taras Hill (en) cemiterio Smolensky (1861 (Xuliano)–1861 (Xuliano)) |
| Grupo étnico | Pobo ucraíno |
| Relixión | Igrexa ortodoxa |
| Educación | Academia Imperial das Artes (1838–1844) |
| Actividade | |
| Ocupación | pintor, dramaturgo, etnógrafo, prosista, filósofo, escritor, antropólogo, artista, poeta, guionista de cinema |
| Período de actividade | 1832 |
| Empregador | Imperial University of St. Vladimir (en) |
| Movemento | Romanticismo |
| Profesores | Jonas Rustemas (pt) |
| Pseudónimo literario | Т. Ш. К. Дармограй Кобзарь Дармограй |
| Carreira militar | |
| Rango militar | Soldado raso |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Familia | |
| Cónxuxe | sen valor |
| Pais | Hryhoriy Ivanovych Shevchenko |
| Irmáns | Yosyp H. Shevchenko Mykyta G. Shevchenko Yaryna Boiko Kateryna H. Krasytska Q135653200 |
| Cronoloxía | |
| 30 de maio de 1847-2 de agosto de 1857 | Recruta (pt) |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шевченко Тарас Григорьевич) |

Taras Hryhorovych Shevchenko (Тарас Григорович Шевченко), nado en 1814 e finado en 1861, foi un poeta e pintor ucraíno, fundador da literatura moderna ucraína e dun xeito máis amplo da Ucraína moderna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de servos da vila de Morynzi, preto de Kíiv (entón parte de Rusia). Shevchenko quedou orfo aos 11 anos, como de neno amosaba talento para a pintura, acompañou ao seu amo, P. Engelhardt, ás viaxes a Vilnius e San Petersburgo, onde Shevchenko recibiu clases de pintura. Algúns pintures rusos recoñeceron o seu talento e tentaron obter a súa liberdade, que conseguiron en 1838 tras pagar 2500 rublos. Nese ano conseguiu ser aceptado na Academia de Artes no estudo de Karl Briullov. En 1840 publicou a súa primeira colección de poesía, Kobzar, aínda que viña escribindo dende a súa época de servidume. En 1841 apareceu o poema épico Haidamaky. En 1842 publicou unha parte da traxedia Nykyta Hayday e en 1843 completa o drama Nazar Stodolya. Logo do éxito desas obras Shevchenko viaxou por Ucraína e comprobou as duras condicións nas que vivían os seus compatriotas.
O 22 de marzo de 1845 a Academia de Artes concedeulle o título de artista e viaxou de novo á súa terra, onde entrou en contacto con membros da Irmandade dos Santos Cirilo e Metodio, unha sociedade secreta política que avogaba por amplas reformas no seo do Imperio Ruso. Detívose a Shevchenko con outros membros da irmandade o 5 de abril de 1847 tras a prohibición da sociedade, enviado a San Petersburgo e enviado ao exilio en Orenburg (Siberia) coa prohibición de escribir e pintar, tan só puido regresar en 1857, pero ao non poder asentarse en San Petersburgo estableceuse en Nizhnii Novgorod. En maio de 1859 obtivo permiso para ir a Ucraína, arrestado por blasfemia en xullo, ordenouselle vovear a San Petersburgo.
Taras Sevchenko pasou os útimos anos da súa vida escribindo poesía e pintando, pero tras os anos de exilio a súa saúde resentiuse e Shevchenko morreu o 10 de marzo de 1861.
A súa obra converteuse en cántigas populares que cantaba e canta o pobo ucraíno e deu pulo aos novos escritores en lingua ucraína, ata entón considerada por moitos un dialecto do ruso.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Taras Shevchenko pinturas.
- Taras Shevchenko Arquivado 27 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Autorretratos. (en inglés)