Saltar ao contido

Sober

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sober
 Nome oficial
   Sober (gl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
Vista da vila de Sober
 Instancia de
 Parte de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.090 (2025)
2.469 (2013)
2.478 (2012)
2.516 (2011)
2.599 (2010)
2.681 (2009)
2.749 (2008)
2.836 (2007)
2.895 (2006)
2.972 (2005)
2.988 (2004)
3.009 (2002)
3.077 (2001)
2.453 (2014)
2.400 (2015)
2.375 (2016)
2.338 (2017)
2.301 (2018)
2.312 (2019)
2.260 (2020)
2.243 (2021)
2.213 (2022)
2.178 (2023)
2.129 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.175 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.137 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   133,35 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   600 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal27460 Editar o valor en Wikidata
Código INE27059 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345120 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0fgd1x Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: concello.desober Twitter: ConcellodeSober Enciclopedia Galega Universal: 187058 BNE: XX456863 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O xentilicio é soberés.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Sober é un antropotopónimo derivado do nome Superus ou Superius, a través da forma en xenitivo (villa) Superii. Aparece documentado como Superi en documentación de 1075 e 1099 do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Sober ten unha superficie de 134 km² e atópase na Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo, entre os cursos dos ríos Cabe e Sil, que fan de fronteira física polo oeste e sur, respectivamente. Limita cos concellos de Monforte de Lemos ao norte e leste, Pantón ao oeste e Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas ao sur.

A capital municipal dista 77 km da capital de provincia, Lugo, e atópase a uns 600 m de altitude.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2.301 (2018)
Menores de 15 anos 155 (6,74 %)
Entre 15 e 64 anos 1.125 (48,89 %)
Maiores de 65 anos 1.021 (44,37 %)

Economía

[editar | editar a fonte]

O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.

A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.

A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).

O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia có mercado de produtos.

Viño de Amandi

[editar | editar a fonte]

Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.

Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.

Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.

Mapa das parroquias de Sober.

Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.

Durante o período do Imperio Romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.

Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.

No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.

Patrimonio histórico e artístico

[editar | editar a fonte]
  • A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.

Política

[editar | editar a fonte]
Elecciones municipales
Partido 1999 2003 2007 2011 2015 2019
PPdeG 7 8 8 7 7 8
IG-Vivo 2
PSOE-PSdeG 3 2 1 2 2 1
PDDdG 2
BNG 1 2 2
Agroma 1
Total 11 11 11 11 11 11

No concello hai dous equipos de fútbol, o CD Sober, que xoga os seus partidos en Centeás, e o CD Río Sil, que xoga no campo da Carqueixa. Os dous xogaban na tempada 2018/19 na Terceira Autonómica de Galicia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Sober.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Sober

Amandi (Santa María) | Anllo (Santo Estevo) | Arroxo (San Martiño) | Barantes (San Xoán) | Bolmente (Santa María) | Brosmos (Santa Cruz) | Bulso (San Pedro) | Canaval (San Pedro) | Doade (San Martiño) | Figueiroá (San Salvador) | Gundivós (Santiago) | Liñarán (San Martiño) | Lobios (San Xillao) | Millán (San Nicolao) | Neiras (San Salvador) | Pinol (San Vicenzo) | Proendos (Santa María) | Refoxo (Santo Estevo) | Rosende (San Miguel) | San Martiño de Anllo (San Martiño) | Santiorxo (San Xurxo) | Vilaescura (Santa María)

Lugares de Sober

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober. A capital municipal está na vila de Sober, na parroquia de Arroxo. A localidade da Barca (Anllo) antigamente[cando?] pertencía á parroquia de Frontón.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.