Templo parroquial da Inmaculada Concepción de Simijaca.
Na época precolombiana, o territorio do concello estaba habitado polos indíxenas sutas e simijacas, que pertencían ó pobo muisca. Estes foron sometidos polo conquistador españolHernán Pérez de Quesada en 1541. En 1548, o franciscano Frei Luis Zapata de Cárdenas creou a Parroquia de Simijaca logo de efectuar unha visita pastoral á Parroquia de Susa. A dirección da Parroquia foi encomendada ós pais dominicos de Chiquinquirá.[2]
O Oidor Luis Enríquez, por auto de 14 de agosto de 1600 proferido en Cucunubá, fundou o actual poboado de Simijaca, formado polos indios de Simijaca, os de Fúquene e os de Nemoguá.[1]