Segundo datos do Censo do 2002 tiña unha poboación de 16.067 habitantes, dos cales 7.958 son mulleres e 8.109 homes. Un 57,56% correspondía a poboación rural e un 42,44% a poboación urbana.
Na comuna hai centros de ensinanza básica e media, como son as escolas María Luisa Espinoza de San Miguel, Selva Negra, Las Quilas, El Calvario, Calle Alegre, Santa Juana, Colton Variante, Los Robles, Mayulermo, Lourdes e o Liceo Politécnico C-84
A Biblioteca Pública Municipal atópase ao norte da praza de armas da comuna, na rúa Angel Custodio Hernández Nº 554, ten sala de lectura, préstamos a domicilios, cursos, servizo de acceso a Internet, con espazos para cativos, adultos e maiores, actividades culturais. Ten dúas Bibliotecas periféricas localizadas nas poboacións de San Miguel, a uns 5 quilómetros ao leste da cabeceira comunal, e Pueblo Seco, distante 8 quilómetros ao suroeste.