Saltar ao contido

Cidade Ho Chi Minh

(Redirección desde «Saigón»)
Cidade Ho Chi Minh
 Nome orixinal
   ក្រុងព្រៃនគរ (km)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Thành phố Hồ Chí Minh (vi) dende 1976 
Saïgon (fr) dende 1862 ata 1975
Сайгон (ru) dende 1862 ata 1976
Sài Gòn (vi)  ata 1976 Editar o valor en Wikidata
 Alcume
Péarla an Chianoirthir (ga)  
La perle de l'Extrême-Orient (fr)   Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Parte de
 Epónimo
Características
 Economía
 Clasificación climática
Implicados
 Xefe do goberno
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1976 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
1860Siege of Saigon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Historia
 Substitúe
Saigon (pt) Traducir (1862 - 1976)
Ba Ria-Vung Tau (pt) Traducir
Gia Định
Binh Duong (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
Sài Gòn (2025 - ) Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
14.002.598 (2024)
8.224.400 (2015)
10.380.000 (2016)
9.389.720 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación rural
   2.091.870 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
   7.297.900 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   6.772,59 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   13 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal70000–70999 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1973756 Editar o valor en Wikidata
VIAF156783568 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121926089 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasho-chi-minh-city Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hn4h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX5695348
Wikidata G:Commons C:Commons

Cidade Ho Chi Minh (en lingua vietnamita Thành Phố Hồ Chí Minh) ou Saigón (Sài Gòn) é unha cidade do sur de Vietnam, a maior do país. Enclavada no norte do delta do Mekong e no oeste da desembocadura do río Saigón, baixo o nome khemer , foi o principal porto de Camboxa antes da anexión da zona polos vietnamitas no século XVII. Baixo o nome de Saigón foi capital do protectorado francés da Cochinchina ata 1954 e logo pasou a ser a capital de Vietnam do Sur despois da independencia ata 1975. Dende entón conservou un aire cosmopolita con forte presenza occidental. Foi e continúa a ser un activo porto e centro comercial, financeiro e cultural. Após a vitoria do norte na guerra de Vietnam, decaeu un chisco a súa puxanza e o seu nome oficial pasou a ser Cidade Ho chi Minh. Conta cunha poboación de 5 750 000 de habitantes (2001).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade atópase a 60 quilómetros do Mar da China Meridional, a 1.760 quilómetros ao sur de Hanoi, a capital do país e a menos de 300 quilómetros ao sueste de Phnom Penh, a capital de Camboxa.

A área metropolitana consiste, ademais da propia Cidade Ho Chi Minh, nas poboacións de Thủ Dầu Một, Di An, Bien Hoa e numerosas poboacións veciñas, o que suma unha poboación total de 9 millóns de persoas, sendo así unha das metrópoles máis grandes do sueste asiático.

Vietnamización da área

[editar | editar a fonte]

En 1623 o rei Chettha II permitiu o asentamento na zona de refuxiados vietnamitas fuxidos do conflito no centro do país. Nos anos seguintes as ondadas de inmigrantes proseguiron, producindo unha vietnamización da rexión, que apoiada nun debilitado poder camboxano, forxou a anexión de facto do territorio por Vietnam. Foi nese tempo que comezou a ser chamada Sài Gòn.

1795, Cidadela de Gia Dinh.
1815, o núcleo de Cholon aparece á esquerda.

En 1698, os gobernantes Nguyen de Hue (Vietnam central) enviaron a Nguyen Hu-u Canh para estableceren unha estrutura administrativa no lugar. Ademais constrúe tamén as primeiras infraestruturas (estradas, canles, mercados, terraplén defensivo de 8–9 km arredor da área habitada) que fixeron de Saigón un asentamento xa significativo cun activo porto, polo que é considerado o fundador da cidade.

En 1790 o futuro emperador Gia Long mandou erixir, asesorado por técnicos franceses, unha fortaleza chamada Cidadela de Gia Dinh (polo nome oficial da cidade nesa época), para se protexer das revoltas campesiñas. Nese tempo xorde tamén, 10 km ao suroeste, o asentamento chinés de Cholon (antes en Bien Hoa, ao nordeste, refuxiándose das represalias dos campesiños polo seu apoio ao poder Nguyen). Convértese en activo mercado con peirao sobor do Arroio Chinés, adquirindo o rango de cidade en 1879 [1].

Colonia francesa

[editar | editar a fonte]
1867
1920

No 1859 a cidadela foi conquistada por tropas francesas e destruída pouco despois (aínda que substituída por unha máis pequena). Daba comezo a ocupación colonial da Cochinchina (sur de Vietnam). Os franceses adoptan a denominación popular da cidade coa ortografía Saigón e a fan capital da colonia.

Pretendendo convertela no "París de Extremo-Oriente" dispuxeron unha extensión de corte occidental dotándoa dos edificios e servizos propios dunha capital administrativa.

A partir de 1931 (definitivamente en 1956) produciuse a integración de Saigón e Cholon nun só concello.

Capital de Vietnam do Sur

[editar | editar a fonte]

No 1949 convértese na capital do Estado de Vietnam, que no 1955 queda reducido a Vietnam do Sur. Na guerra de Vietnam (1959-75) foi a base das forzas estadounidenses que apoiaban ao sur. A vitoria final das forzas do Vietcong (o norte) fixo de Hanoi a capital do país unificado. O crecemento de poboación experimentado nos últimos anos da colonia e os primeiros da independencia a levaron a se converter nunha gran cidade (110.600 en 1931; 1.723.360 en 1954) [2]. Os refuxiados das zonas rurais durante o conflito fixérona inda maior.

Cidade Ho Chi Minh

[editar | editar a fonte]
Centro da cidade

No 1976 recibe a nova denominación oficial, inda que Saigón permaneza como a de uso popular. Ten crecido enormemente nos últimos anos grazas á apertura da economía vietnamita representando, coma historicamente sempre o fixo, a metrópole máis dinámica e cosmopolita do país.

  1. Plan de Cholon en 1893
  2. "Plano de Saigón". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2015. Consultado o 14 de febreiro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Casa do concello

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.