Saltar ao contido

STS-123

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-123
Lanzamento da misión STS-123
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de marzo de 2008, 6:28 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión15,76 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso27 de marzo de 2008[6]
NSSDC ID2008-009A

STS-123 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 11 de marzo de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-123, con sete astronautas a bordo (seis americanos e un xaponés), foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Dominic Gorie, o piloto Gregory H. Johnson e os especialistas de misión Robert L. Behnken, Mike Foreman, Takao Doi e Rick Linnehan.[3][5][6][7]

O Endeavour acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 3:49 GMT do 13 de marzo levando a bordo o módulo laboratorio xaponés Kibo e o brazo robótico canadense Dextre, que quedaron instalados tras cinco paseos espaciais.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 27 de marzo de 2008.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 123" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 17 June 2008 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-50722(E)). 4 de febreiro de 2010: 5. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 123" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-123 / ISS J/A" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.[Ligazón morta]
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-123" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (8 de abril de 2008). "STS-123" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]