Retiro[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no centro da cidade.
Limita polo norte e nordés cos distritos de Salamanca e Ciudad Lineal, polo leste co distrito de Moratalaz, polo sueste co distrito de Puente de Vallecas, polo suroeste co distrito de Arganzuela e polo oeste co distrito de Centro. Ten unha superficie 5,46km² e unha poboación de 117.918 habitantes no ano 2023.[2] En 1970 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Retiro xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.[3]
Neste distrito encóntrase o famoso Parque do Retiro. O parque era orixinalmente, en 1632, un lugar de repouso para a familia real, durante o reinado de Filipe IV. O palacio que alá existía foi destruído durante as guerras napoleónicas. Despois da guerra contra os franceses, o rei Fernando VII (1814 - 1833) iniciou a súa reconstrución e abriu parte do xardín ao público.
Situado no Sueste da área central de Madrid, a súa historia está marcada polo Parque do mesmo nome e polas instalacións ferroviarias que se situaron no Sur e Leste do Distrito.
O Parque do Retiro xunto co Paseo do Prado, deron a súa personalidade á zona dos Jerónimos, mentres que o resto de barrios foise consolidando ao longo dos anos, cada un coas súas características particulares: Pacífico -sede da actual Xunta Municipal nos antigos cuarteis de Daoiz e Velarde-, Adelfas -orixinalmente lugar de acollida de inmigración e implantacións industriais e que sufriu un importante proceso de transformación-, Niño Jesús e Estrella –barrios residenciais de nivel económico crecente-, e Ibiza -importante zona comercial.[4]