Situada na depresión Bética, que ten como eixo o río Guadalquivir, o cal atravesa o territorio de Norte a Suroeste, formando, xa preto da súa desembocadura, unha ampla chaira, flanqueada por socalcos. O Norte da provincia está delimitado por unha serie de serras pertencentes a Serra Morena. Ademais do Guadalquivir, algúns dos seus afluentes máis importantes son o Genil, o Guadaira e o Viar.
O clima é mediterráneo con influencia oceánica, con temperaturas cálidas, de invernos moi suaves e veráns moi calorosos, no que as temperaturas máximas superan a miúdo os 40°C.