Saltar ao contido

Programa Artemis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Programa Artemis
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Obxectivo
Implicados
 Operador/a
Datas
 Data de comezo
2017 Editar o valor en Wikidata
Historia
setembro de 2022primeiro voo: voo espacial non tripulado, Artemis 1 (pt) Traducir
abril de 2026primeiro voo: voo espacial tripulado, Artemis II Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Custo35000000000 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de saída
 País
Códigos e identificadores
VIAF3319168290792857610003 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: NASAArtemis Instagram: nasaartemis Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Programa Artemis é un programa de exploración espacial levado a cabo pola NASA, co obxectivo de levar ó ser humano á lúa por primeira vez dende o Apollo 17 en 1972.[1]

Precedentes

[editar | editar a fonte]

O programa Artemis foi proposto por primeira vez en decembro do 2017, baixo a primeira administración de Donald Trump. Este proxecto incorporaría elementos do Programa Constelación. En 2019, recibiu o nome Artemis, deusa da Lúa e irmá de Apolo, epónimo do anterior programa de exploración espacial e púxose como obxectivo a aluaxe en 2024.[2] En 2021 estimouse que o custo do programa até 2025 sería duns 93 mil millóns de dólares.[3]

Antes do comezo do programa fixéronse tres misións de proba. O 6 de maio de 2010 lanzouse o Pad Abort-1, unha proba de 95 segundos do sistema de aborto da nave Orion aínda baixo o Programa Constelación. O 5 de decembro de 2014, lanzouse o Exploration Flight Test 1 ou EFT-1, no que a nave foi posta en órbita media e entrou na atmosfera da terra a 32.000 km/h.[4] O a última misión de proba foi a Ascent Abort-2, outra proba do sistema de aborto, esta vez duns 193 segundos.

Artemis I (2022)

[editar | editar a fonte]

Artemis I foi unha misión non tripulada, orixinalmente planeada para 2016, lanzouse o 16 de novembro de 2022 dende o centro espacial John F. Kennedy despois de ser adiada dúas veces.[5] O 11 de decembro, a Orion amarou no Océano Pacífico despois de percorrer 2.300.000 km arredor da lúa.

Artemis II (2026)

[editar | editar a fonte]

Artemis II foi a primeira misión tripulada do programa. Lanzouse o 1 de abril de 2026. Os astronautas da misión foron Reid Wiseman, Victor Glover, Jeremy Hansen e Christina Koch, esta última volveuse tras esta misión a primeira muller en chegar alén da órbita baixa terrestre. A nave orbitou a Lúa no seu sexto día e acadou a maior distancia dun ser humano da Terra[6] (406.771 km). Amarou no Océano Pacífico o 11 de abril.

Artemis III (2027)

[editar | editar a fonte]

Artemis III será a segunda misión tripulada e terceira do programa. Orixinalmente estaba planeada para ser a primeira aluaxe dende o Apollo 17, pero en 2023, decidiuse que a misión ía continuar sen aluar debido a preocupacións no aeroescudo. [7]

Artemis IV (2028)

[editar | editar a fonte]

Artemis IV será a terceira misión tripulada e cuarta do programa. Proxéctase que esta misión sexa a primeira aluaxe en 56 anos, dende a derradeira misión do Programa Apollo en 1972. Tiña como obxectivo secundario a instalación do módulo I-HAB da Plataforma Lunar Gateway antes da súa cancelación a principios do 2026.[7]

Artemis V (2028)

[editar | editar a fonte]

Artemis V será a cuarta misión tripulada e quinta do programa. Ten como obxectivo realizar unha segunda aluaxe e a iniciación dunha base permanenta da superficie da Lúa.

  1. "Moon to Mars | NASA's Artemis Program - NASA" (en inglés). Consultado o 2026-04-13.
  2. published, Robert Z. Pearlman (2019-05-14). "NASA Names New Moon Landing Program Artemis After Apollo's Sister". Space (en inglés). Consultado o 2026-04-13.
  3. "NASA'S MANAGEMENT OF THE ARTEMIS MISSIONS" (PDF). Consultado o 2026-04-13.
  4. Bergin, Chris (2011-11-15). "EFT-1 Orion receives hatch door - Denver Orion ready for Modal Testing". NASASpaceFlight.com (en inglés). Consultado o 2026-04-13.
  5. "Second Artemis 1 launch attempt scrubbed". Spacenews (en inglés).
  6. "Artemis II Flight Day 6: Crew Ready for Lunar Flyby - NASA" (en inglés). 2026-04-06. Consultado o 2026-04-14.
  7. 1 2 "NASA planning to spend up to $1 billion on space station deorbit module". Spacenews. Consultado o 2026-04-13.