Porto Velho é a capital do estadobrasileiro de Rondonia. Xurdiu no comezo do século XX coa creación do ferrocarril Madeira-Mamoré, implantado para exportar o caucho producido na Bolivia, e que foi unha das condicións impostas polo goberno daquel país para aceptar a soberanía brasileira sobre Acre.
A cidade de Porto Velho, co río Madeira ó fundo.
Ademais do caucho, a rexión produce tamén ouro e casiterita (mineral de estaño). A partir do comezo da década de 1970 a súa poboación aumentou de modo considerábel grazas á migración de brasileiros do sur do país, que viñan en busca de terras baratas para cultivar. Hoxe é unha das principais cidades do sur da Amazonia brasileira. É sede dunha universidade pública, a Universidade Federal de Rondônia.
Administración da Universidade Federal de Rondônia.