Porto Novo,[1]Porto-Novo[2][3] ou Portonovo,[4] oficialmente Porto-Novo e tamén coñecido como Hogbonou e Adjacé, é a capital oficial da Benín. É un porto sito nun entrante do golfo de Guinea, na parte suroriental do país. Porto Novo é a segunda cidade máis grande de Benín, detrás de Cotonou, porén supéraa en importancia cultural e política. O transpaís de Porto Novo produce aceite de palma, algodón e kapok. Nos anos 1990 foi descuberto petróleo en augas fóra da costa, produto que se converteu nun importante motor das exportacións.
Porto Novo foi probabelmente fundada a finais do século XVI polo pobo Gun. O actual nome foille dado polos portugueses, que aquí construíran unha feitoria no século XVII, con propósito de exportar escravos africanos para as Américas. O Reino de Porto Novo aceptou a protección francesa en 1863, como forma de rebater a intrusión británica. Porén, a presenza francesa non foi ben acollida polo veciño Reino de Abomey, o que resultou en guerra. En 1883, a mariña francesa desembarcou en Porto Novo e Cotonou, tendo Porto Novo sido incorporada á colonia francesa de Daomei, da cal se tornou capital en 1900. Varios anos despois da independencia, Dahomei trocou o nome para Benín.
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua(PDF). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 05 de xaneiro de 2016.