Castela (en castelán:Castilla) é o nome dunha rexión histórica española que se corresponde con parte dos territorios pertencentes ao antigo Reino de Castela.
A primitiva Castela xurdiu durante as orixes da Reconquista na cabeceira do Ebro, ante o pulo de cántabros e vascóns. Dependendo dos autores e as épocas, considérase composto de territorios diferentes. A evolución histórica fai aínda máis imprecisos os seus compoñentes: o Reino de Castela foi nun primeiro momento un condado dependente do Reino de León, que finalmente se separou deste, e posteriormente formou parte, xunto a outros reinos, da Coroa de Castela.
Así, o nome de Castela empregouse na Baixa Idade Media para denominar á Coroa de Castela, o conxunto de todos os territorios dos monarcas da Coroa (por contraposición ao resto de reis hispánicos, os de Aragón, Navarra e Portugal).
O devandito acordo contiña dous obxectivos fundamentais:
Reafirmar a necesidade dun cambio de réxime (a raíña Isabel II acababa de caer e pouco tempo despois se proclamaría a Primeira República Española, a cal aprobou unha constitución federalista).
Garantir que o novo sistema político que se constitúa recoñeza institucionalmente a identidade de Castela como pobo diferenciado, é dicir con dereito á súa propia articulación política.
As súas extensas e áridas chairas son coñecidas mundialmente grazas á novela de Miguel de Cervantes, Don Quixote da Mancha, a maior parte de cuxas aventuras e accións transcorren na xeografía desta rexión.
Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e se convertese en emperador do Sacro Imperio Romano.
Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron os xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén os musulmáns.