Saltar ao contido

Pobo muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo muisca
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua usada
 Relixión
Cifras e dimensións
 Poboación
   11.265 (2018) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
século VI a. C. Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/02d97p Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 99628
Wikidata C:Commons
A Balsa muisca (entre o 1200–1500) é unha figura de ouro que representa a cerimonia sagrada de El Dorado, que tiña lugar na Lagoa de Guatavita. Esta peza atópase no Museo do Ouro de Bogotá, e é considerada un símbolo de Colombia e da identidade cultural muisca.[1]

Os muiscas, tamén chamados chibchas,[2] son un pobo chibcha que formou a confederación muisca das terras dos Andes centrais na Cordilleira Oriental da actual Colombia, máis concretamente no Altiplano cundiboyacense. No presente, a poboación muisca case desapareceu, mais aínda pervive nalgúns concellos e distritos como Cota, Chía, Tenjo, Suba, Engativá, Tocancipá, Gachancipá e Ubaté.[3] Segundo o Censo DANE de 2005, 14 051 persoas autorrecoñecéronse como pertencentes ao pobo muisca en Colombia.[4]

Como unha das catro civilizacións avanzadas de América (alén dos aztecas, os maias e os incas),[5] entraron en contacto co Imperio español en 1537, no intre da conquista.[6] Os subgrupos nos que se dividían os muiscas foron identificados en función das alianzas arredor de tres grandes gobernantes: o zaque, con capital en Hunza, que gobernaba un territorio que abranguía as zonas sur e nordeste da actual Boyacá e o sur de Santander; o zipa, con capital en Bacatá, que gobernaba sobre Cundinamarca, o oeste dos Llanos e o nordeste de Tolima; e o Iraca, gobernador de Suamox, o nordeste de Boyacá e o suroeste de Santander. O territorio dos muiscas abranguía unha área aproximada de 25 000 km²[7], dende o norte de Boyacá até o Páramo de Sumapaz, e dende a Cordilleira Oriental até o Val de Magdalena. Tiñan fronteira cos territorios dos panches e os pijaos.

No tempo da conquista, a área tiña unha importante poboación, e malia que o número preciso de habitantes é discutido, estímase que puido superar o millón de habitantes.[8] Os muiscas falaban o muysccubun, un dialecto do chibcha, tamén chamado muysca e mosca.[9] A súa economía estaba baseada na agricultura, na minaría do sal, a metalurxia e manufactura.[3]

  1. (en castelán) Banco da República de Colombia, Enciclopedia Banrepcultural: [(https://enciclopedia.banrepcultural.org/index.php/Balsa_muisca) «Balsa muisca»]. Consultado o 10 de maio de 2026.
  2. Definición de chibcha no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. 1 2 (en castelán) Organización Nacional Indígena de Colombia: [(https://www.onic.org.co/pueblos/1126-muisca) «Muisca»]. Consultado o 10 de maio de 2026.
  4. (en castelán) Ministerio de Cultura de Colombia, Dirección de Poblaciones: [(https://mng.mincultura.gov.co/prensa/noticias/Documents/Poblaciones/PUEBLO%20MUISCA.pdf) «Caracterizaciones de los pueblos indígenas de Colombia: pueblo Muisca»], pp. 2–3. Consultado o 10 de maio de 2026.
  5. (en castelán) Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América. Bogotá: Plaza & Janés Editores, p. 52.
  6. (en castelán) Gamboa Mendoza, Jorge Augusto (2017). [(https://publicaciones.icanh.gov.co/index.php/picanh/catalog/book/79) El cacicazgo muisca en los años posteriores a la Conquista: del Psihipqua al cacique colonial, 1537-1575]. Bogotá: Instituto Colombiano de Antropología e Historia. ISBN 978-958-8181-61-5.
  7. (en castelán) Museo do Ouro do Banco da República; Banco Interamericano de Desenvolvemento (2005). [(https://publications.iadb.org/publications/english/document/Colombia-Land-of-El-Dorado-Prehispanic-Colombian-Treasures-from-the-Collection-of-the-Museo-del-Oro-of-the-Banco-de-la-Rep%C3%BAblica-Santa-Fe-de-Bogot%C3%A1-Colombia.pdf) Colombia: Land of El Dorado: prehispanic Colombian treasures from the collection of the Museo del Oro of the Banco de la República], p. 26. Consultado o 10 de maio de 2026.
  8. (en castelán) Francis, John Michael (2002). [(https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/7138162.pdf) «Población, enfermedad y cambio demográfico, 1537-1636. Demografía histórica de Tunja: una mirada crítica»]. Fronteras de la Historia, 7: 13–76.
  9. (en castelán) Lugo, Bernardo de; Gamboa Mendoza, Jorge Augusto, ed. (2010). [(https://publicaciones.icanh.gov.co/index.php/picanh/catalog/book/88) Gramática en la lengua general del Nuevo Reino, llamada mosca]. Bogotá: Instituto Colombiano de Antropología e Historia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alcaldía Mayor de Bogotá, Secretaría de Goberno 2003: Los ancestrales habitantes de Bogotá. 16.500 años de historia (tr.en. The Ancestral Inhabitants of Bogotá)
  • Bahn, Paul: Archaeology, Theories, Methods and Practice, 2nd edition, impreso por Thames and Hudson, Londres, 1991. ISBN 0-500-27867-9
  • Bonnett Vélez, Diana 1999: "El caso del altiplano Cundiboyacense: 1750–1800. La ofensiva hacia las tierras comunales indígenas" (tr.en. The Case of the Cundiboyacense Highland: 1750–1800. The challenge toward the communitarian Indian lands). Universitas Humanística 48. Santafé de Bogotá; Universidad Javeriana
  • Broadbent, Sylvia 1964: Los Chibchas: organización socio-política (tr.en The Chibcha People: Social and Political Organization). Série Latinoamericana 5. Bogotá: Facultad de Sociología, Universidad Nacional de Colombia
  • Correal Urrego, Gonzalo 1990: "Evidencias culturales durante el Pleistoceno y Holoceno de Colombia" (tr.en Cultural Evidence of the Colombian Pleistocene and Holocene); Revista de Arqueología Americana 1:69–89. Instituto Panamericano de Geografía e Historia, México
  • Francis, John Michael 2002: "Población, enfermedad y cambio demográfico, 1537-1636. Demografía histórica de Tunja: una mirada crítica"; Fronteras de la Historia 7: 13–76
  • Friede, Juan 1961: Los chibchas bajo la dominación española (tr.en. The Chibcha People under the Spaniard Rule). Bogotá: La Carreta
  • Gamboa Mendoza, Jorge Augusto 2017: El cacicazgo muisca en los años posteriores a la Conquista: del Psihipqua al cacique colonial, 1537-1575. Bogotá: Instituto Colombiano de Antropología e Historia. ISBN 978-958-8181-61-5
  • García, Antonio; Edith Jiménez e Blanca Ochoa 1946: "Resguardo Indígena de Tocancipá" (Tocancipá Indian Shelter); Boletín de Arqueología 6 (1)
  • González de Pérez, María Stella 1987: Diccionario y Gramática Chibcha (Chibchan Dictionary and Grammar). Manuscrito anónimo de la Biblioteca Nacional de Colombia. Bogotá: Instituto Caro y Cuervo
  • Enciclopedia de Colombia Oceano (tr.en Colombian Encyclopedia Ocean). Tomo 2. Barcelona, España 2002
  • Enciclopedia de Colombia a su alcance Espasa Siglo (Colombian Encyclopedia within reach - Espasa Century). Tomo 1 Bogotá, Colombia 2003
  • Hernández Rodríguez Guillermo 1949: De los Chibchas a la Colonia y la República (tr.en. From the Chibcha People to the Colony to the Republic). Bogotá: Ediciones Paraninfo, 1991
  • Historia de Colombia (tr.en. History of Colombia). Tomo 1 Zamora Editores, Bogotá, Colombia 2003
  • Gran Enciclopedia de Colombia Temática. Tomos 1 e 11 Círculo de Lectores, Bogotá, Colombia 1994
  • Fundación Misión Colombia: Historia de Bogotá, Conquista y Colonia. Tomo 1 Salvat-Villegas editores, Bogotá, Colombia 1989
  • Langebaek, Carl Henrik 1987: Mercados, poblamiento e integración étnica entre los Muiscas. Bogotá: Banco de la República. ISBN 958-9028-40-3
  • Londoño, Eduardo 1998: Los muiscas: una reseña histórica con base en las primeras descripciones. Bogotá: Museo del Oro
  • Llano Restrepo, María Clara e Marcela Campuzano 1994: La Chicha, una bebida fermentada a través de la historia. Bogotá: Instituto Colombiano de Antropología
  • Lleras Pérez, Roberto 1990: "Diferentes oleadas de poblamiento en la prehistoria tardía de los Andes Orientales"; relatorio presentado no simposio Los chibchas en América do II Congreso Mundial de Arqueoloxía; Barquisimeto, Venezuela
  • Lugo, Bernardo de 2010: Gramática en la lengua general del Nuevo Reino, llamada mosca. Edición de Jorge Augusto Gamboa Mendoza. Bogotá: Instituto Colombiano de Antropología e Historia
  • Martínez, Fernando Antonio 1977: "A propósito de algunas supervivencias chibchas del habla de Bogotá"; Thesaurus 32
  • Ocampo López, Javier 2007: Grandes culturas indígenas de América. Bogotá: Plaza & Janés Editores
  • Posada, Francisco 1965: "El camino chibcha a la sociedad de clases". Tlatoani 6, suplemento. México: Secretaría de Educación Pública. Escuela Nacional de Antropología e Historia, 1967
  • Rozo Guauta, José 1978: Los Muiscas: organización social y régimen político. Bogotá: Fondo Editorial Suramérica
  • Suescún Monroy, Armando 1987: La Economía Chibcha. Bogotá: Ediciones Tercer Mundo. ISBN 958-601-137-2
  • Tovar Pinzón, Hermes 1980: La formación social chibcha. Bogotá. CIEC
  • Wiesner García, Luis Eduardo 1987: "Supervivencia de las instituciones Muiscas: el Resguardo de Cota"; Maguaré 5: 235–259