Os Percíctidos (Percichthyidae) son unha familia de peixes de auga doce, con algunhas especies de augas salobres ou mariñas, incluída na orde dos Perciformes. As especies desta familia distribúense fundamentalmente por Australia, Suramérica e África, e nalgún caso por Asia e California.
Son peixes de corpo alargado e algo comprimido. Posúen unha aleta dorsal continua, con 1-2 espiñas e 8-38 radios brandos; unha anal con 3 espiñas e 7-20 radios brandos.