Os romanos coñeceron e aproveitaron as augas termais do aínda subsistente balneario de Panticosa. Fican restos dun balneario romano, de difícil acceso, con moedas de ofrenda das épocas de Augusto e Tiberio.
Afonso XII frecuentou o balneario moderno de Panticosa, o que explica parte da decoración do complexo hoteleiro.
O nome pode proceder do latínFONTICOSA, con influencia fonética vasca, no que evolúe F- inicial a p- como en pago (< fagu), o que se observa tamén en aragonéspantasma. A forma aragonesa Pandicosa con -nd- documentouna como minoritaria Francho Nagore, cando realizou a súa tese sobre o aragonés local, e está documentada en textos medievais de entre 1425 e 1450.