Saltar ao contido

Onán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Onán
Imaxe
 Instancia de
Obra
 Presente na obra
Biografía
 Asasinado por
 Sexo
Familia
 Nai
Batsua (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Pai
 Cónxuxe
Tamar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Irmá/n
Er (pt) Traducir
Selá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0jhtk Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

Onán é un personaxe bíblico do Antigo Testamento, mencionado no libro da Xénese como o segundo fillo de Xudá e, por tanto, un dos netos do patriarca Xacob[1].

Características

[editar | editar a fonte]

Er, o primoxénito de Xudá, segundo a Biblia, era malo e tería sido executado por Deus por un motivo que non queda aclarado. Como Er non deixara descendencia, Xudá mandou que Onán, o seu segundo fillo, fixese un casamento de levirato con Tamar, viúva de Er (Xénese 38:6-8). Así, se tivesen un fillo, a herdanza de primoxénito pertenceríalle como herdeiro legal de Er. Porén, se non o tivese, Onán quedaría coa súa herdanza de primoxénito.[1].

Ao ter relacións sexuais con Tamar, a Biblia di que Onán "desperdiciou o seu esperma na terra" ou sexa, non a inseminou, derramando dese modo a súa semente. Esta conduta mereceu a desaprobación de Deus, que lle quitou a vida (Xénese 38:9-10)[1].

  1. 1 2 3 JONES, R.D. Os filhos de Judá, Interpretación de Xénese 38. (en portugués)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]