O Calvario, Vigo, Vigo, Vigo
| O Calvario | |
|---|---|
Igrexa parroquial da Inmaculada Concepción do arquitecto Antonio Román Conde, 1968. | |
| Parroquia | Lavadores |
| Concello | Vigo |
| Coordenadas | 42°13′52″N 8°42′15″O / 42.231061341967, -8.7042023014765 |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Calvario é un barrio urbano de Vigo, situado en terreos da parroquia histórica de Lavadores[1], no concello de Vigo, na comarca de Vigo.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de se urbanizar o lugar, O Calvario pertencía ao lugar de Riomao, na parroquia de Lavadores[1]. Marcaba o límite entre Vigo e Lavadores[2]. Ten a súa orixe e desenvolvemento no século XIX na antiga estrada de Villacastín, hoxe rúa de Urzaiz[1]. Foi desenvolvido na década de 1960-70 por iniciativa privada para ofrecer vivendas á poboación que chegaba a Vigo para traballar na industria[3].
Nunca gozou de independencia a nivel de división administrativa, xa que non se inclúe no Nomenclátor de Galicia[4]. En 2003 foi peonalizado un tramo da rúa Urzaiz[5].
Poboación
[editar | editar a fonte]O Nomenclátor Estatístico de Galicia do IGE adscríbeo dentro da cidade de Vigo[6]. Estímase que viven nel unhas 20.000 persoas.[7]
División eclesiástica
[editar | editar a fonte]Eclesiasticamente, adscríbese á parroquia da Inmaculada Concepción de María, tamén coñecido como Os Picos, e á de San Paulo[1].
Toponimia
[editar | editar a fonte]Debe o seu nome a un calvario que houbo ata comezos do século XX[1]. O nome do Monte do Calvario en Lavadores rexístrase dende o século XII, segundo documentos da Catedral de Tui e mais do mosteiro de Melón.[8]

Economía
[editar | editar a fonte]En 2017 era un dos 15 barrios con menor renda media de España segundo un estudo do Instituto Nacional de Estadística (INE)[9].
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Sestay Martínez, Iván (2010). Toponimia do Val de Fragoso. Lavadores. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
- ↑ "O Calvario, mucho más que un barrio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ "A Coruña é máis vulnerable á crise económica que Vigo". Consultado o 3 de maio de 2018.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-09-08.
- ↑ "Peatonalización y humanización Barrio del Calvario" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2016. Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-08.
- ↑ Andrés, José Teo (2025-01-29). "O Calvario, el barrio que nació en una cumbre sin vegetación". Atlántico (en castelán). Consultado o 2026-05-07.
- ↑ Toponimia de Galicia (2026-05-07). "O Seminario de Onomástica responde: O Calvario. Gonzalo Navaza". Youtube. Consultado o 2026-05-07.
- ↑ "O Calvario está entre los barrios con menor renta por hogar de España". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Barrios da cidade de Vigo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vigo no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia do CalvarioArquivado 08 de setembro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- González Fernández, Juan Miguel, O nacemento dun barrio, 1900-1940.