Limita ao norte con Galiza, ao sur coa Rexión Centro de Portugal, ao leste con Castela e León e ao oeste co Atlántico. Ten unha extensión de 21.278 km² (un 24% do Portugal Continental) e no 2007, na rexión habitaban 4.196.354 persoas (un 37% do Portugal continental).
Historicamente formaba parte da Gallaecia sur, constituíndo gran parte do Convento Bracarense con sé na vila de Braga. Formou tamén parte do Antigo Reino de Galiza. Cultura, costumes e paisaxe son aínda comúns con Galicia.