Saltar ao contido

Noáin (Valle de Elorz)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Noain»)
Noáin
 Nome orixinal
   Elortzibar (eu)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Elortzibar (eu) dende 2025 
Valle de Elorz (es) dende 2025 
Noain (Elortzibar) (eu) dende 1999 ata 2025
Noáin (Valle de Elorz) (es) dende 1995 ata 2025 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
Noáin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
8.486 (2025)
7.808 (2013)
7.566 (2012)
7.415 (2011)
7.119 (2010)
6.806 (2009)
6.222 (2008)
5.322 (2007)
4.789 (2006)
4.496 (2005)
4.254 (2004)
4.070 (2002)
3.972 (2001)
7.837 (2014)
7.892 (2015)
8.012 (2016)
8.115 (2017)
8.224 (2018)
8.320 (2019)
8.354 (2020)
8.354 (2021)
8.367 (2022)
8.429 (2023)
8.469 (2024)
3.809 (1991)
2.994 (1981)
2.214 (1970)
1.155 (1960)
1.164 (1950)
1.366 (1940)
1.453 (1930)
1.403 (1920)
1.351 (1910)
1.227 (1900)
3.921 (2000)
3.869 (1999)
3.879 (1998)
3.857 (1996) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   4.135 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   4.185 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   48,24 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   450 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal31110 Editar o valor en Wikidata
Código INE31088 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap347847 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734645 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08d343 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX460161
Wikidata C:Commons
Monumento conmemorativo da batalla de Noáin.

Noáin (Valle de Elorz) ou Noain (Elortzibar)[1] é un municipio de Navarra situado a 5 km ao sur de Pamplona, na comarca da Cuenca de Pamplona e que pertence ó Meiriñado de Sangüesa. Está situado a uns 450 msnm . O termo municipal ten unha extensión de 48,24 km² . En 2006 tiña 4.789 habitantes. Limita ao norte con Aranguren, ao sur con Valdorba e Valdizarbe, ao leste co Val de Unciti e Monreal e ao oeste con Cendea de Galar e Beriáin. No seu termo municipal discorre o río Elorz.

En Noain atópase o aeroporto de Pamplona-Noain.

Val de Elorz

[editar | editar a fonte]

O municipio de Noain, tamén coñecido como Elortzibar, fórmano os seguintes pobos: Noain, Imarcoain, Elorz, Torres de Elorz, Guerendiain, Yarnoz, Zabalegui, Zulueta, Oriz, Otano e Ezperun.

O Val de Elorz foi unha zona estratéxica para os romanos, pois servía de enlace entre os Pireneos e o Ebro. Segundo algúns autores, os nomes das localidades da zona terían orixe romana. Dado que o sufixo "ain" significa carácter de propiedade, faltaría por saber de onde vén "Non". Especulouse co nome romano de "Nunius" como posible resposta. Atopáronse restos de cerámica e moedas romanas, sobre todo en Imarcoain.

A mediados do século XI aparecen varios documentos mencionando o "Val do Elortzibar". Un dos ramais do Camiño de Santiago pasa polo Val, o que contribuíu ao comercio.

Tras a invasión militar de 1512 e posterior anexión de Navarra a Castela en 1515, en 1521 Henrique II de Navarra logrou reconquistar o reino pero os casteláns enviaron un exército de 30.000 homes para contrarrestalo e ambas as hostes enfrontáronse en Noain. O resultado da batalla de Noain, favorable para os casteláns, selou definitivamente a perda da independencia da Alta Navarra.

Ata mediados do século XX Noain era un pobo máis do Val de Elorz. Con todo, a instalación de diversas fábricas en Noain fixeron crecer este pobo ata convertelo no máis importante do Concello e desprazou a Zabalegui como sede do mesmo. En 1995 cambiouse o nome do concello, pasando de "Concello do Valle de Elorz" ao actual "Noáin (Valle de Elorz)", en éuscaro Noain (Elortzibar), e eliminouse a entidade local menor coñecida como concejo en Navarra, que quedou fusionada co Concello.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Acueduto de Noain
  • O Acueduto de Noáin é o monumento máis característico, deseñado polo arquitecto Ventura Rodríguez en 1782 baixo a dirección técnica de Santos Angel Ochandátegui, para abastecer Pamplona coas augas do manancial de Subiza, na Serra de Erreniega (O Perdón). Cando se realizou tiña 97 arcos e 1.245 metros de lonxitude, sendo unha obra grandiosa de enxeñería da época, impregnada de clasicismo. A obra finalizou en xuño de 1790 e caeu en desuso uns 100 anos despois, ao aumentar a demanda de Pamplona e realizar unha nova traída de augas desde o manancial de Arteta en 1895. As únicas mutilacións que sufriu o acueduto foron para deixar paso ao ferrocarril en 1858, coa unión de dous dos arcos e máis recentemente, en 1974, a desaparición de dous arcos pola autoestrada de Navarra.
A Igrexa de San Miguel
  • Conta cunha igrexa de estilo gótico: San Miguel de Arcanxo, de servizo soamente durante o verán.
  • Nas pedanías do municipio podemos atopar outros monumentos:
    • Igrexa de San Juan Bautista de Guerendiáin
    • Igrexa da Ascensión de Otano
    • Ponte medieval de Otano
    • Igrexa parroquial da Natividade de Yárnoz
    • Torre almenada de Yárnoz

O escudo de Noain consta dunha torre, sobre a que ven catro arcos do acueduto do municipio e, sobre eles, un helmo.

Noáin ten un clima de transición entre o mediterráneo e o oceánico, polo que coexisten especies de ambos os hábitats, como é o caso de oliveiras e haxas. Ao ano caen 780 L por metro cadrado, sendo xaneiro e febreiro os meses máis chuviosos, mentres que agosto e setembro son os máis secos. As temperaturas máis baixas danse en xaneiro, cunha media de 5 °C, mentres que en xullo se dá a media máis alta: 20 °C.

Outros datos de interese

[editar | editar a fonte]
  • Está enlazado con Pamplona polo autobús (chamado frecuentemente "villavesa" polos aldeáns) número 16 e, durante a noite, polo N3.
  • Entre outros servizos, ten instalacións deportivas, centro cultural, centro de saúde e policía municipal.
  • O xentilicio é "cancano/-a".
  • As festas patronais de Noáin son o 29 de setembro (San Miguel). Ademais celébranse festas a primeira fin de semana de setembro e outras, menores, a primeira fin de semana de maio.
  1. Noáin (Valle de Elorz) é o topónimo en castelán e Noain (Elortzibar) é o topónimo en éuscaro. Ambos os topónimos son oficiais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]