Saltar ao contido

Museo Naval de Sevilla

Museo Naval de Sevilla
Sevilla Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   Museo Marítimo de la Torre del Oro (es)   Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
21 de marzo de 1936 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
26 de xullo de 1944 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF265645201 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX90655
Wikidata C:Commons

O Museo Naval Torre del Oro (Sevilla),[1] está localizado dentro da defensiva Torre del Oro, símbolo da cidade, as beiras do río Guadalquivir e xunto á praza de touros da Real Maestranza en Sevilla.

Antes de ser museo, o monumento foi usado como capela, almacén de pólvora, oficinas da capitanía do porto, prisión etc. O museo en si foi creado por orde ministerial de 21 de marzo de 1936, sendo filial do Museo Naval da Armada, pero por mor da guerra civil foi inaugurado no ano 1944, estando dividido en dúas plantas de pequenas dimensións, a baixa, de 85 m², e a primeira, de 127 m², en total 623 m² entre os que se reparten todos os elementos que se mostran ao visitante.

Entre os seus obxectos pódense observar restos mariños fosilizados, mecanismos de artes náuticas, compases, mascaróns de proa, cadros e gravados con temática mariñeira, cartas mariñas antigas e documentos históricos.

De entre as vitrinas que conteñen estas maquetas de barcos cabe destacar especialmente un barco a vapor de pasaxeiros, o “Real San Fernando”, de construción española que realizou o seu primeiro servizo o 16 de xullo de 1817.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Cultura de Defensa - TORRE DEL ORO (SEVILLA)". www.defensa.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2022. Consultado o 2022-04-23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • PULIDO, Ildefonso; DELGADO, Melquíades (1992). Museo Marítimo Torre del Oro. Madrid. Editorial: Museo Naval, Servizo de Publicacións da Armada.