Mircea Cărtărescu
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de xuño de 1956 Bucarest |
| Educación | Faculty of Letters (Bucharest University) (en) Cantemir Vodă National College (en) |
| Director de tese | Paul Cornea |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, ciencia ficción, poesía, crítica literaria, xornalismo e literatura de ciencia ficción |
| Ocupación | escritor, xornalista, prosista, profesor universitario, poeta, crítico literario, escritor de ciencia ficción, especialista en literatura |
| Empregador | Universität Stuttgart Universidade de Bucarest |
| Movemento | Posmodernismo |
| Influencias | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Ioana Nicolaie |
| Premios | |
| |
Mircea Cărtărescu, nado en Bucarest o 1 de xuño de 1956, é un novelista, poeta, crítico literario e ensaísta romanés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Bucarest en 1956, estudou no Cantemir Vodă National College a comezos da década de 1970. Durante os seus estudos, foi membro dos grupos literarios dirixidos por Nicolae Manolescu e Ovid S. Crohmălniceanu. Como moitos adolescentes da súa xeración, recibiu a influencia da contracultura estadounidense dos sesenta, entre os que se inclúen músicos coma Bob Dylan, Jimi Hendrix ou The Doors. As súas primeiras poesías datan de 1978.
Posteriormente, ingresou na Universidade de Bucarest para estudar Lingua e Literatura Romanesas. Graduouse en 1980 cunha tese que se convertería no seu primeiro estudo sobre poesía, Visul chimeric (en galego: O soño quimérico). Ese mesmo ano, algúns dos seus traballos publicáronse na editorial Cartea Românească.
Entre 1980 e 1989 foi profesor de lingua romanesa, e logo traballou para a Unión de Escritores de Romanía e como editor da revista Caiete Critice. En 1991 foi nomeado docente da cátedra de Historia da Literatura Romanesa na súa alma máter. A data de 2010 continúa a traballar alí.[1] Entre 1994 e 1995 foi profesor visitante da Universidade de Amsterdam, e tamén o foi da de Stuttgart. En 2012 recibiu o International Literature Award pola súa novela Corpul (en galego: O corpo).
Cărtărescu está casado coa poeta Ioana Nicolaie, coa que tivo un fillo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Catedra de Literatura Romana - Universitatea din Bucuresti". www.unibuc.ro. Consultado o 2026-05-29.
- ↑ "Femeia de lângă Mircea Cărtărescu". Simona Tache (en romanés). 2009-07-02. Consultado o 2026-05-29.