Michael Douglas
Michael Kirk Douglas, nado en New Brunswick (Nova Jersey) o 25 de setembro de 1944, é un actor e produtor estadounidense de cinema e televisión. É gañador de dous Premios Óscar e tres Globos de Ouro. É o fillo do tamén famoso actor Kirk Douglas e está casado coa actriz Catherine Zeta-Jones.
Biografía
[editar | editar a fonte]Douglas naceu en New Brunswick, Nova Jersey, como o primeiro fillo do actor Kirk Douglas e actriz Diana Dill do arquipélago das Bermudas. Os seus avós paternos, Harry Demsky (nado Herschel Danielovitch) e Bryna Demsky (nada Sanglel), eran inmigrantes xudeus de Homieĺ en Belarús (na época parte do Imperio Ruso)[1]. A súa nai e avós maternos, o tenente coronel Thomas Melville Dill e Ruth Rapalje Neilson, eran nativos de Devonshire Parish, nas Bermudas[2]. Thomas Dill serviu como fiscal xeral das Bermudas e foi comandante da Artillaría Milicia das Bermudas. Douglas ten un irmán máis novo, Joel Douglas (nado en 1947), e dous medio-irmáns paternos, Peter Douglas (nado en 1955) e Eric Douglas (1958-2004). Asistiu a Escola Allen-Stevenson, da Escola Internacional de Xenebra, e graduouse na Eaglebrook School, en Deerfield, Massachusetts no ano 1960 e A Escola Choate (agora Choate Rosemary Hall) en Wallingford, Connecticut, en 1962. Recibiu o seu B.A. da Universidade de California, Santa Barbara, en 1966, onde é tamén o presidente honorario da Asociación Alumni UCSB.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1966 | Cast a Giant Shadow | Condutor de Jeep | |
| 1969 | Hail, Hero! | Carl Dixon | |
| 1970 | Adam at Six A.M. | Adam Gaines | |
| 1971 | Summertree | Jerry | |
| 1972 | Napoleon and Samantha | Danny | |
| 1975 | Alguén voou sobre o niño do cuco | Gañou como produtor: Premio da Academia ó mellor filme BAFTA ó mellor filme Globo de Ouro ó mellor filme dramático | |
| 1978 | Coma | Dr. Mark Bellows | |
| 1979 | Running | Michael Andropolis | |
| 1979 | The China Syndrome | Richard Adams | |
| 1980 | Agora tócame a min | Ben Lewin | |
| 1983 | The Star Chamber | Superior Court Judge Steven R. Hardin | |
| 1984 | Romancing the Stone | Jack Colton | |
| 1985 | A Chorus Line | Zach | |
| 1985 | The Jewel of the Nile | Jack Colton | Tamén como produtor |
| 1987 | Fatal Attraction | Dan Gallagher | |
| 1987 | Wall Street | Gordon Gekko | |
| 1989 | A guerra dos Rose | Oliver Rose | |
| 1989 | Black Rain | Nick Conklin | |
| 1992 | Instinto básico | Nick Curran | |
| 1992 | Shining Through | Ed Leland | |
| 1992 | Oliver Stone: Inside Out | El mesmo | Documental |
| 1993 | Falling Down | William "D-Fens" Foster | |
| 1994 | Acoso | Tom Sanders | |
| 1995 | The American President | Presidente dos Estados Unidos Andrew Shepherd | |
| 1996 | The Ghost and the Darkness | Charles Remington | Tamén como produtor executivo |
| 1997 | The Game | Nicholas Van Orton | |
| 1998 | Un crime perfecto | Steven Taylor | |
| 1999 | One Day in September | Narrador | Documental |
| 1999 | Get Bruce | El mesmo | Documental |
| 2000 | Wonder Boys | Profesor Grady Tripp | |
| 2000 | Traffic | Robert Wakefield | |
| 2001 | Don't Say a Word | Dr. Nathan R. Conrad | |
| 2001 | In Search of Peace | Narrador | Documental |
| 2001 | One Night at McCool's | Mr. Burmeister | Tamén Produtor |
| 2003 | The In-Laws | Steve Tobias | |
| 2003 | It Runs in the Family | Alex Gromberg | |
| 2003 | Direct Order | Narrador | Documental |
| 2003 | Tell Them Who You Are | El mesmo | Documental |
| 2006 | You, Me and Dupree | Mr. Thompson | |
| 2006 | The Sentinel | Pete Garrison | Tamén como produtor |
| 2007 | King of California | Charlie | |
| 2009 | Ghosts of Girlfriends Past | Tío Wayne | |
| 2009 | Beyond a Reasonable Doubt | Mark Hunter | |
| 2009 | Solitary Man | Ben Kalmen | |
| 2010 | Wall Street: Money Never Sleeps | Gordon Gekko | |
| 2011 | Haywire | TBA |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1988 | Mellor actor | Wall Street | Gañador |
| 1974 | Mellor filme | Alguén voou sobre o niño do cuco | Gañador |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2011 | Mellor actor secundario | Wall Street: Money Never Sleeps | Nomeado |
| 2004 | Premio Cecil B. DeMille | Gañador | |
| 2001 | Mellor actor dramático | Wonder Boys | Nomeado |
| 1996 | Mellor actor musical ou cómic | The American President | Nomeado |
| 1990 | Mellor actor musical ou cómic | A guerra dos Rose | Nomeado |
| 1988 | Mellor actor dramático | Wall Street | Gañador |
| 1975 | Mellor actor de televisión | The Streets of San Francisco | Nomeado |
| 1970 | Nova promesa | Hail, Hero! | Nomeado |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2001 | Mellor actor | Wonder Boys | Nomeado |
| 1989 | Mellor actor | Fatal Attraction | Nomeado |
Premios do Sindicato de Actores
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2000 | Mellor elenco | Traffic | Gañador |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tugend, Tom (12 de decembro de 2006). "Lucky number 90". The Jerusalem Post. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 12 de decembro de 2006.
- ↑ "Ancestors of Michael Kirk Douglas". Conovergenealogy.com. Consultado o 2009-10-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael Douglas |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Actores de Nova Jersey
- Actores de cinema dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Produtores de cinema dos Estados Unidos de América
- Paseo da Fama de Hollywood
- Nados en 1944
- Nados no condado de Middlesex, Nova Jersey
- Estadounidenses de ascendencia francesa
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Óscar ó mellor actor