Saltar ao contido

Mauritania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mauritania
 Nome curto
   RIM (fr)   Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
الجمهورية الإسلامية الموريتانية (ar)  
Réewu lislaam bu Muritani (wo)  
Ndenndaandi Lislameeri Muritani (ff)  
République islamique de Mauritanie (fr)  
Moritani Silaamin Jamaane (snk)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   الجمهورية الإسلامية الموريتانية (ar)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Epónimo
 Texto lema
شرف إخاء عدل
Honra, Fraternidade, Xustiza
Anrhydedd, Brawdoliaeth, Cyfiawnder
Чест, братство, справедливост
Honor, Fraternity, Justice
Honneur, Fraternité, Justice Editar o valor en Wikidata
 Himno
Características
 Caracterizado por
 Cultura
 Lingua oficial
 Economía
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
Cargo: Presidente de Mauritania Editar o valor en Wikidata
Mohamed Ould Ghazouani (2019 - )
Ely Ould Mohamed Vall (pt) Traducir (2005 - 2007)
Sidi Ould Cheikh Abdallahi (pt) Traducir (2007 - 2008)
Mohamed Ould Abdelaziz (2008 - 2009)
Ba Mamadou Mbaré (en) Traducir (2009 - 2009)
Maaouya Ould Sid'Ahmed Taya (1984 - 2005)
Mohamed Mahmoud Ould Louly (pt) Traducir (1979 - 1980)
Mohamed Khouna Ould Haidalla (pt) Traducir (1980 - 1984)
Moktar Ould Daddah (1960 - 1978)
Mustafa Ould Salek (pt) Traducir (1978 - 1979)
Mohamed Ould Abdelaziz (2009 - 2019) Editar o valor en Wikidata
 Xefe do goberno
Cargo: primeiro ministro de Mauritania Editar o valor en Wikidata
Moctar Ould Diay (2024 - )
Sidi Mohamed Ould Boubacar (en) Traducir (2005 - 2007)
Sghaïr Ould M'Bareck (2003 - 2005)
Cheikh El Avia Ould Mohamed Khouna (en) Traducir (1998 - 2003)
Mohamed Lemine Ould Guig (en) Traducir (1997 - 1998)
Zeine Ould Zeidane (en) Traducir (2007 - 2008)
Moulaye Ould Mohamed Laghdaf (pt) Traducir (2008 - 2014)
Yahya Ould Ahmed El Waghef (pt) Traducir (2008 - 2008)
Mohamed Salem Ould Béchir (en) Traducir (2018 - 2019)
Yahya Ould Hademine (pt) Traducir (2014 - 2018)
Ismail Ould Bedde Ould Cheikh Sidiya (pt) Traducir (2019 - 2020)
Cheikh El Avia Ould Mohamed Khouna (en) Traducir (1996 - 1997)
Maaouya Ould Sid'Ahmed Taya (1984 - 1992)
Ahmad Salim uld Sidi (en) Traducir (1979 - 1979)
Ahmed Ould Bouceif (en) Traducir (1979 - 1979)
Moktar Ould Daddah (1960 - 1961)
Sidi Mohamed Ould Boubacar (en) Traducir (1992 - 1996)
Mohamed Khouna Ould Haidalla (pt) Traducir (1979 - 1980)
Maaouya Ould Sid'Ahmed Taya (1981 - 1984)
Sid Ahmed Ould Bneijara (en) Traducir (1980 - 1981)
Mohamed Khouna Ould Haidalla (pt) Traducir (1984 - 1984)
Mohammed Ould Bilal (pt) Traducir (2020 - 2024) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Banco central
Datas
 Fundación / creación
28 de novembro de 1960 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
África Occidental Francesa (1895 - 1958) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Xeografía
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Capital
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
4.736.139 (2022)
858.316 (1960)
883.366 (1961)
909.310 (1962)
936.144 (1963)
963.865 (1964)
992.474 (1965)
1.021.972 (1966)
1.052.360 (1967)
1.083.646 (1968)
1.115.834 (1969)
1.148.936 (1970)
1.182.958 (1971)
1.217.914 (1972)
1.253.831 (1973)
1.290.741 (1974)
1.328.672 (1975)
1.367.629 (1976)
1.407.619 (1977)
1.448.677 (1978)
1.490.842 (1979)
1.534.141 (1980)
1.578.670 (1981)
1.624.427 (1982)
1.671.233 (1983)
1.718.837 (1984)
1.767.099 (1985)
1.815.983 (1986)
1.865.686 (1987)
1.916.611 (1988)
1.969.295 (1989)
2.024.163 (1990)
2.081.380 (1991)
2.140.957 (1992)
2.202.966 (1993)
2.267.433 (1994)
2.334.388 (1995)
2.403.805 (1996)
2.475.726 (1997)
2.550.307 (1998)
2.627.739 (1999)
2.708.095 (2000)
2.791.403 (2001)
2.877.431 (2002)
2.965.667 (2003)
3.055.425 (2004)
3.146.164 (2005)
3.237.713 (2006)
3.330.037 (2007)
3.422.901 (2008)
3.516.077 (2009)
3.609.420 (2010)
3.702.763 (2011)
3.796.141 (2012)
3.537.368 (2013)
4.420.184 (2017)
4.614.974 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
2.414.911 (2022)
2.238.719 (2019)
2.296.186 (2020)
2.354.385 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
2.321.228 (2022)
2.145.130 (2019)
2.202.418 (2020)
2.260.590 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Poboación rural
2.040.187 (2022)
1.994.344 (2019)
2.009.661 (2020)
2.024.451 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
2.695.952 (2022)
2.389.505 (2019)
2.488.943 (2020)
2.590.523 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
0,556 (2021)
0,397 (1990)
0,402 (1991)
0,411 (1992)
0,423 (1993)
0,435 (1994)
0,441 (1995)
0,449 (1996)
0,45 (1997)
0,459 (1998)
0,465 (1999)
0,465 (2000)
0,466 (2001)
0,47 (2002)
0,475 (2003)
0,486 (2004)
0,49 (2005)
0,5 (2006)
0,499 (2007)
0,499 (2008)
0,508 (2009)
0,51 (2010)
0,515 (2011)
0,523 (2012)
0,531 (2013)
0,537 (2014)
0,544 (2015)
0,541 (2016)
0,545 (2017)
0,556 (2018)
0,563 (2019)
0,556 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano desigualdade
0,389 (2021)
0,342 (2010)
0,347 (2011)
0,354 (2012)
0,36 (2013)
0,365 (2014)
0,37 (2015)
0,37 (2016)
0,389 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Taxa desemprego
   31 % (2014) Editar o valor en Wikidata
 Taxa nataliade
33,723 (2019)
33,427 (2020)
33,194 (2021)
32,953 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa mortandade
7,203 (2022)
7,003 (2019)
7,466 (2020)
7,44 (2021) Editar o valor en Wikidata
 PIB nominal
9.996.240.419 $ (2021)
10.375.460.680 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa imposto sobre valor engadido
   14 % Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.030.700 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   596 m Kediet Ijill Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
   −5 m Sebkha de Ndrhamcha (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
 Esperanza de vida
63,238 a
61,73 a
61,461 a
61,199 a
61,997 a
62,492 a
62,253 a
62,711 a
62,907 a
60,952 a
60,539 a
60,049 a
59,957 a
60,729 a
60,143 a
60,381 a
60,25 a
63,082 a Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap192763 Editar o valor en Wikidata
VIAF143005264 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122600320 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasmauritania Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04vjh Editar o valor en Wikidata
MeSHD008435 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Prefixo telefónico
+222 Editar o valor en Wikidata
 Teléfono de emerxencia
101, 117 e 118 Editar o valor en Wikidata
 Dominio
Enciclopedia Galega Universal: 150427
Wikidata G:Commons C:Commons

Mauritania[1] é un país da África Occidental. Limita ao norte co Sáhara Occidental, con Alxeria ao nordeste, o sur e o leste con Malí, ao sur co Senegal e ao oeste co océano Atlántico. É un dos países máis próximos a Cabo Verde. A súa capital é Nouakchott.

Os restos de material lítico mostran o poboamento de Mauritania durante o Paleolítico Inferior. Fican tamén algúns restos de pinturas rupestres, aínda que pobres en comparación cos do Tassili, e que corresponden aos pobos gandeiros do Neolítico. A partir do terceiro milenio, o desecamento do Sáhara forza as poboacións a emigrar cara ao sur, para a conca do río Senegal e máis ao sur aínda. O baleiro é paulatinamente cuberto por poboacións bérberes vindas desde o norte, sobre todo desde os últimos séculos do primeiro milenio antes do cambio de Era, mercé a introdución desde oriente do camelo.

Nos primeiros séculos da era cristiá, porén, o dominio sobre o territorio corresponde ao reino de Ghana, de poboación negra. Este dominio dos ghaneses mantense até o século X, controlando o comercio de ouro, sal e escravos cara ao norte do Magreb. No século XI, poboacións bérberes, con centro en Tarsina, emprenden unha revolución relixioso-militar, que levará ao dominio do Sudán occidental, e a creación da seita islámica dos almorábides, que se expandirá logo para o norte magrebí e até o Al-Andalus. En 1143 este estado afúndese ante a aparición dunha nova seita: os almohades, que continúan o dominio bérber. A partir da segunda metade do século XIII, os hassaniya, árabes, impoñen o seu dominio, creando o sistema de estamentos, que sen grandes variación perdurou até as portas do século XXI. O estrato superior monopolizando as xefaturas, os xeques, corresponde aos tales hassaniya; no estrato intermedio colócanse os zenagga, bérberes vasalos dos anteriores; no estrato inferior están os escravos negros. O sistema económico segue a ser o dos séculos anteriores: comercio de escravos, ouro - estes enviados ao norte polas rutas transaharianas - e sal.

Desde a segunda metade do século XV, os contactos cos europeos aumentan desde que os portugueses fundan factorías na costa. Agora boa parte do comercio de escravos desvíase para eses enclaves litorais.

A partir do final da era napoleónica, os franceses emprenden a penetración no río Senegal, no sur do Mauritania. En 1912 o país fica baixo o seu protectorado, e desde 1920 é formalmente unha colonia dentro da África Occidental Francesa, que é dirixida desde a cidade de Saint Louis, Senegal. Logo dunha fase de autonomía a fins da década de 1950, o 28 de novembro de 1960, Mauritania logra a súa total independencia, organizándose como unha República Islámica.[2]

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

Mauritania está dividida en 13 wilayas. Cada wilaya está, á súa vez, subdividida en mughataaou distritos (52 en total).

Mauritania rexións # Wilaya Capital
1AdrarAtar
2AssabaKiffa
3BraknaAleg
4Dakhlet NouadhibouNouadhibou
5GorgolKaedi
6GuidimaghaSelibaby
7Hodh Ech CharguiNéma
8Hodh El GharbiAiun el-Atrouss
9InchiriAkjoujt
10NouakchottNouakchott
11TagantTidjikdja
12Tirit ZemmourZouerate
13TrarzaRosso

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Mauritania ten fronteiras con Alxeria, o Sáhara Occidental (controlado por Marrocos desde o Tratado de Madrid), Malí e máis o Senegal.[3] Trazadas polos colonizadores franceses, explícanse así a dereitura das liñas.

O país divídese en catro rexións naturais. Ao longo do litoral atlántico estendese unha grande área areosa que corresponde ao deserto do Sáhara. A rexión central está salpicada de chairas escarpadas. No leste aparecen as grandes cubetas dunares. O río Senegal escavou un longo val na fronteira meridional: é a cuarta rexión. Un segundo curso fluvial importante é o Karakoro.

O clima é extremadamente árido, o que explica a débil densidade de poboación.

Economía

[editar | editar a fonte]
Descrición gráfica dos 28 principais produtos de exportación do país.
Artigo principal: Economía de Mauritania.

Mauritania posúe certas cantidades de reservas de petróleo e de gas localizadas nas súas augas territoriais. Ademais ten áreas de ouro e de diamantes. Cóntase con tales reservas para tentar relanzar economicamente o país.

A minería do ferro é importante, de modo que se coida que a mina a ceo aberto de Zouerate é a maior mina férrica activa do mundo. Ligado á súa explotación figura o ferrocarril de Snim, que posúe a Sociedade Nacional Mineira, cun tren considerado como o máis longo da Terra (2,400 km e 254 vagóns), que transporta o mineral desde a mina até a costa.

Outra importante actividade é a pesqueira, ligada á explotación dun mar territorial mauritano, que nesta altura está considerado como un dos máis produtivos do mundo.[4] O centro pesqueiro está na cidade de Nuadhibu (ou Nouadhibou en escrita á francesa), situada no litoral norte do país.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Consonte estimacións do ano 2007, a poboación mauritana alcanzaba os 3.270.065 de habitantes, mentres a esperanza de vida era tan só de 53,12 anos (estimacións de 2006). En 2025, a poboación mauritana é de 5.128.141 de habitantes,[5] mentres a esperanza de vida en 2021 era de 68,12 anos.[6]

Desde un punto de vista étnico, en 2007 a poboación estaba composta de árabes nun 30% (o termo árabe refírese na súa maior parte a descendentes de bérberes arabizados), e un 30% de negros; mentres que eran cualificados como individuos de orixe mixta (árabe-negro) un 40%. O contraste de persoas é unha característica salientable da poboación de Mauritania: baste lembrar que a escravitude foi legalmente abolida aínda en 1981, mais segundo datos de SOS Esclaves en 2007 había 600.000 escravos no país. Recentes leis castigan a posesión de escravos.[7]

Aproximadamente o 99% dos habitantes profesa a relixión islámica, na súa maior parte baixo a confesión sunnita.[8]

A lingua oficial é o árabe, e a variedade que se fala no país é o hassanía, que tamén se emprega no sur de Marrocos e no Sáhara Occidental. Ademais o francés está estendido dabondo. O wólof, pular e soninke están recoñecidas como linguas nacionais.[3] Aínda que faltan datos máis precisos, sobreviven aínda falantes dunha variante bérber, o zenaga, que presenta numerosas peculiaridades a respecto doutros falares bérberes.[9]

Artigo principal: Cultura da Mauritania.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mauritano.
  2. "Mauritania - Colonialism, Independence, Slavery | Britannica". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2026-02-10.
  3. 1 2 "Mauritania | History, Population, Capital, Flag, & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2025-06-01. Consultado o 2025-06-09.
  4. "Safeguarding one of the world’s richest fishing grounds | KfW Development Bank". www.kfw-entwicklungsbank.de (en inglés). Consultado o 2026-02-10.
  5. "Mauritania Population (1950-2025)". www.macrotrends.net. Consultado o 2025-06-09.
  6. "Mauritania". datadot (en inglés). Consultado o 2025-06-09.
  7. CNN, John D. Sutter, Edythe McNamee. "Slavery's last stand - CNN.com". CNN. Consultado o 2025-06-09.
  8. "Mauritania". United States Department of State (en inglés). Consultado o 2025-06-09.
  9. "Recordings of Zenaga: A Berber language from Mauritania | Endangered Languages Archive". www.elararchive.org. Consultado o 2025-06-09.