Manuel Bulnes Prieto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de decembro de 1799 Concepción |
| Morte | 18 de outubro de 1866 Santiago de Chile |
| Lugar de sepultura | Cemiterio xeral de Santiago |
| Presidente de Chile | |
| 18 de setembro de 1841 – 18 de setembro de 1851 ← José Joaquín Prieto Vial – Manuel Montt → | |
| Senador de Chile | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | político, militar, presidente da República |
| Partido político | Conservative Party (en) |
| Carreira militar | |
| Rango militar | mariscal xeneral |
| Familia | |
| Cónxuxe | Enriqueta Pinto Garmendia |
| Fillos | Manuel Bulnes Pinto, Lucia Bulnes de Vergara, Gonzalo Bulnes Pinto |
| Pai | Manuel Bulnes Quevedo |
Manuel Bulnes Prieto, nado en Concepción o 25 de decembro de 1799 e finado en Santiago de Chile o 18 de outubro de 1866, foi un militar e político chileno, presidente do seu país entre 1841 e 1851.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Manuel Bulnes Quevedo e María Carmen Prieto Viaria. Casou cunha das figuras femininas máis representativas da aristocracia chilena, Enriqueta Pinto Garmendia, filla do presidente Francisco Antonio Pinto e irmá do Presidente Aníbal Pinto. A Enriqueta denominábana A Gran de Dama da Presidencia por ser filla, irmá e esposa de Presidentes da República.
Bulnes tomo parte na guerra para independizarse de España, loitando mesmo contra o seu pai, que estaba no bando realista. Posteriormente participou en campañas militares contra os irmáns Pincheira e contra indios pehuenches.
Participou en 1829 nunha revolución en contra do goberno liberal, e posteriormente na guerra contra a Confederación Perú-Boliviana, vencendo ás tropas de Andrés de Santa Cruz na batalla de Yungay o 20 de xaneiro de 1839, tras o cal foi recibido en Chile como heroe.
Foi nomeado ministro polo seu tío, o presidente José Joaquín Prieto Vial, e logo foi o candidato do goberno nas eleccións de 1841.