Magma
Aparencia
| Magma | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O magma[1] é un volume de rocha fundida, localizado normalmente dentro dunha cámara de magma, debaixo da superficie da Terra. Esa complexa solución de silicatos a alta temperatura, entre 650 e 1200 graos Celsius, é orixe de todas as rochas ígneas, tanto das intrusivas como das extrusivas. O magma permanece baixo alta presión e, algunhas veces, emerxe a través das fendas volcánicas, na forma de lava fluente e fluxos piroclásticos. Os produtos dunha erupción volcánica xeralmente conteñen gases disolvidos que poden non chegar a alcanzar a superficie do planeta. O magma acumúlase en cámaras, situadas no interior da codia terrestre, tendo, segundo a localización, leves alteracións na súa composición.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para magma.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |