Saltar ao contido

Lingua saami de Ter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua saami de Ter
sām’e kīll Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
sām’e kīll (sjt)  
са̄мя кӣлл (sjt)  
тарье кӣлл (sjt)   Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Alfabeto
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo crítico
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
2 (2010)
350
10 (2004) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/06n6vp Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3sjt Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5sjt Editar o valor en Wikidata
IETFsjt Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A lingua saami de Ter (Saa´mekiill) é unha lingua urálica falada polo pobo saami na península de Kola, en Rusia. É a lingua saami máis oriental de todas, pero hoxe en día está considerada unha lingua moribunda. No ano 2004 contaba con 10 falantes, e no 2010 o número descendeu a só dous.[1][2] O saami de Ter está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]

Documentación

[editar | editar a fonte]

Non hai materiais nin recursos educativos en saami de Ter e non ten unha ortografía estandarizada. A lingua non está completamente documentada nin estudada. Hai documentos textuais, gravacións de son e dicionarios,[4][5] pero non hai gramáticas.

O documento máis antigo que se conserva da lingua saami de Ter é un pequeno vocabulario elaborado polo explorador británico Stephen Borough en 1557 e publicado por Richard Hakluyt.[6]

  1. Informe do Ethnologue para o saami de Ter
  2. Sami Languages Disappearing Arquivado 06 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Barents Observer
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  4. Itkonen T. I.: "Koltan- ja kuolanlapin sanakirja", Helsinqui: Société Finno-Ougrienne, 1958.
  5. Itkonen T. I.: "Koltan- ja kuolanlappalaisia satuja", 1931.Société Finno-Ougrienne 60
  6. Aikio Samuli: "Olbmot ovdal min - Sámiid historjá 1700-logu rádjái". Girjegiisá: Kárášjohka, 1992.