O cebuano,[1][2] tamén coñecido coma sugbuanon, é unha lingua pertencente ó filo austronesio, dentro da rama occidental malaio-polinesia e do grupo Visayas (Visayan ou Binisayâ). Falada en Filipinas por preto de 18000000 persoas. O nome provén do nome da illa filipina de Cebú.
O cebuano é a lingua nativa dos habitantes de Cebú, de Bohol, de Negros Oriental e da xente da provincia occidental de Leyte e Mindanao norteño. Tamén se fala nalgunhas cidades e illas en Samar. Ata os anos 1980, o cebuano superaba ó tagalo en termos de falantes. O dialecto usado en Bohol chámase Boholán e ás veces considérase un idioma separado.