Este artigo amosa escritos birmanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A lingua birmana[1] (en birmano:မြန်မာဘာသာ) é a lingua oficial de Myanmar. O birmano é a lingua nativa dos bamar e outros subgrupos étnicos bamar, así como por minorías de Myanmar como os mon.
O birmano é falado por 32 millóns de persoas como primeira lingua e como segunda por outros 10 millóns, particularmente as minorías étnicas en Myanmar e nos países veciños.
O birmano é unha lingua tonal, moi monosilábica e analítica, cunha orde de palabras suxeito obxecto e verbo. É membro da familia lingüística Linguas tibeto-birmanas, que é unha subfamilia da sino-tibetana. A lingua emprega o alfabeto birmano, derivado da escritura antiga mon e do alfabeto brahmi.
Becker, Alton L. (1984). American Ethnological Society, ed. Text, play, and story: The construction and reconstruction of self and society. Washington, D.C. pp.135–55.
Bernot, Denise (1980). SELAF, ed. Le prédicat en birman parlé(en francés). París. ISBN2-85297-072-4.