Saltar ao contido

Lie Zi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lie Zi
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Códigos e identificadores
Open LibraryOL43542316W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04qybc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
BNE: bimo0000034213
Wikidata C:Commons

O Liezi ou Lie Zi (chinés tradicional e simplificado: 列子; pinyin: Liè Zĭ; Wade-Giles: Lieh4-tzu3) é unha das tres obras fundamentais do taoísmo filosófico, xunto coas máis coñecidas de Laozi e Zhuangzi. É atribuído a Lie Yukou, a quen se considera un personaxe lendario.

O texto foi inscrito na librería imperial co nome de "Tratado da Perfecta Vacuidade". Xeralmente é considerada a máis práctica das obras taoístas principais, fronte ao máis filósofico Daodejing ou ao máis poético Zhuangzi.

As primeiras referencias ao Liezi proceden da primeira metade da dinastía Han. O editor Liu Xiang afirmou ter eliminado repeticións no texto, que organizou en oito capítulos ou pian 篇. O Han shu coincide en atribuírlle oito capítulos, e conclúe que o texto debe ser anterior a Zhuangzi, xa que este o cita no seu libro. O Liezi non volve mencionarse até a dinastía Jin, co comentario elaborado por Zhang Zhan. Todas as versións conservadas na actualidade proceden da edición de Zhang, dividida en oito capítulos ou juan 卷.[1]

Durante o reinado do emperador Xuanzong dos Tang, o Liezi foi elevado á categoría de clásico daoísta, xunto co Daodejing e mais o Zhuangzi. Recibiu o nome de Chongxu zhenjing 沖虛真經 ("Tratado da perfecta vacuidade").[2]

Estrutura e contidos

[editar | editar a fonte]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O Liezi consta de oito capítulos, recollidos na seguinte táboa:Graham</span>1990-3' id="mwPg">[3]

CapítuloChinés PinyinTradución
1天瑞Tiān ruìAs beizóns do ceo
2黃帝HuángdìO Emperador Amarelo
3周穆王Zhōu Mù wángO rei Mu dos Zhou
4仲尼ZhòngníConfucio
5湯問Tāng wènAs preguntas de Tang
6力命Lì mìngO esforzo e o destino
7楊朱Yáng ZhūYang Zhu
8說符Shuō fúExplicación dos signos

Moitos destes capítulos reciben o seu nome de célebres figuras históricas ou da mitoloxía chinesa. Así, aparecen os reis sabios da antigüidade, como o Emperador Amarelo (c. 2698- c. 2599 a. C.), o rei Tang de Shang (c. 1617-c. 1588 a. C.) ou o rei Mu de Zhou (c. 1023-c. 983 a.C.), xunto con filósofos como Confucio (551-479 a.C.) ou Yang Zhu (século IV a. C.).

Adoita considerarse que o Liezi é a máis práctica das grandes obras daoístas, en comparación coa narrativa poética do Daodejing ou as reflexións filosóficas do Zhuangzi. Por exemplo, ofrécese esta descrición da experiencia daoísta pura:Graham</span>199077-78-4' id="mwlQ">[4]

O meu corpo correspóndese coa miña mente, a miña mente coas miñas enerxías, as miñas enerxías co meu espírito, o meu espírito coa nada. Cando a cousa máis insignificante ou o son máis tenue me afectan, sexa ao lonxe, para alén das oito fronteiras, ou ao alcance da man, entre as pestanas e as cellas, non podo evitar sabelo. Porén, non sei se o percibín a través dos sete buratos da miña cabeza e os meus catro membros, ou grazas ao meu corazón e entrañas e órganos internos. Non é máis ca o autocoñecemento

Traducións

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Liezi (La literatura china traducida en España).

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.