Saltar ao contido

Languedociano

Languedociano
Lengadocian Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
   Lengadocian (oc)   Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
Características
 Alfabeto
 Tipoloxía lingüística
 Dialecto de
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   5.000 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de distribución
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/01nxnw Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3lnc Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5lnc Editar o valor en Wikidata
IETFoc-lengadoc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O languedociano[1] ou lengadociano[1] é un dialecto occitano falado especialmente no Languedoc. Polas súas características centrais, adoita ser proposto como base para o occitano estándar.[2]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O languedociano é unha variante meridional do occitano, semellante ao provenzal.[1] Tamén ten algunhas semellanzas co gascón, aínda que non comparte moitas das diversas idiosincrasias que o separan do resto do occitano, e coa lingua catalá, que, a pesar da súa autonomía lingüística, é de orixe occitana, con especial proximidade co languedociano.[3] O languedociano mesmo ten unha variedade interna, que presenta o encontro de varias categorías dialectais occitanas.[4]

As estatísticas oficiais francesas apuntan a unha cifra entre 500 e 700 mil falantes de languedociano, aínda que a cifra é difícil de determinar pola falta de información censual e os límites pouco claros entre os distintos dialectos.[5] A UNESCO estima que o número de falantes é de 500.000 persoas, e clasifica a lingua como en grave perigo.[6]

  1. 1 2 3 Rei, Francisco Fernández; Santamarina, Antón (1999). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Estudios de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas. p. 279.
  2. Partridge, John (2010). Interfaces in Language (en inglês). p. 135.
  3. Partridge, John (2010). Interfaces in Language (en inglês). pp. 145–6.
  4. Partridge, John (2010). Interfaces in Language (en inglês). pp. 149–50.
  5. "Langue française et langues de France" (en francês).
  6. "UNESCO Interactive Atlas of the World's Languages in Danger" (en inglês).