Saltar ao contido

Juniperus procera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Juniperus procera é unha conífera orixinaria das zonas montañosas de África e da península Arábiga.

É unha árbore característica da flora afromontana.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Juniperus procera foi descrita por Hochst. ex Endl. e publicado en Synopsis Coniferarum 26. 1847.[1][3][4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Juniperus: nome xenérico que procede do latín iuniperus, que é o nome do xenebreiro.[5]

procera: epíteto latíno que significa "alto".[6]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Juniperus abyssinica K.Koch
  • Juniperus hochstetteri Antoine
  • Sabina procera (Hochst. ex Endl.) Antoine[7][8]

Características

[editar | editar a fonte]

Juniperus procera é unha árbore de tamaño mediano que alcanza unha altura de 20-25 m (raramente 40 m), cun tronco de até 1,5 ou 2 m de diámetro e unha ampla copa arredondada ou irregular de forma cónica.

As follas son de dúas formas, as xuvenís en forma de agulla, con follas de 8-15 mm de longo en plántulas, e as adultas en forma de escama de 0,5-3 mm de longo nas plantas máis vellas, dispostas en parellas o en verticilos de tres.

É en gran parte dioica, con plantas masculinas e femininas separadas, pero algunhas plantas individuais presentan espécimes de ambos os sexos.

Os conos con bagas, de 4-8 mm de diámetro, de cor negra azulada cunha flor cerosa abrancazada, e que contén 2-5 sementes que maduran en 12-18 meses. Os conos masculinos miden 3-5 mm de longo, e verten seu pole en primavera.[9]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Juniperus procera é orixinaria da península Arábiga (en Arabia Saudita e o Iemen), e do noroeste, leste, centro-oeste e sur da África tropical (Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Malawi, Mozambique, República Democrática do Congo, República do Congo, Somalia, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabwe.[2]

É o único xenebreiro que se encontra ao sur da liña ecuatorial, e pénsase que é un colonizador relativamente recente de África; a especie mostra moi pequena variabilidade, asociada cun longo período de evolución.[10]

Especie relacionada

[editar | editar a fonte]

Está estreitamente relacionado con Juniperus excelsa, do suroeste de Asia, probabelmente derivado dun antepasado común.

É unha árbore importante pola súa madeira, que se utiliza para a construción de vivendas, para postes, e para mobiliario. A casca utilízase para a construción de colmeas.

  1. 1 2 "Name - Juniperus procera Hochst. ex Endl.". Tropicos. Saint Louis, Missouri: Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
  2. 1 2 Germplasm Resources Information Network (GRIN) (12 de agosto de 2010). "Juniperus procera". Taxonomy for Plants. Beltsville, Maryland: National Germplasm Resources Laboratory: United States Department of Agriculture (USDA). Consultado o 14 de febreiro de 2022.
  3. "Juniperus procera". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
  4. Original description by Stephano Endlicher (1847). "Synopsis Coniferarum" (en latín). Sangalli [together with] Scheitlin & Zollikofer. p. 26. Consultado o 14 de febreiro de 2022. Schimper Herb. Abyssin. II. n. 537
  5. Juniperus en Flora de Canarias Arquivado 27 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine..
  6. En Epítetos Botánicos.
  7. "TPL, treatment of Juniperus procera". The Plant List; Versión 1. Royal Botanic Gardens, Kew and Missouri Botanical Garden. 2010. Consultado o 14 de febeiro de 2022.
  8. Juniperus procera en PlantList
  9. (Arquivada en Wayback Machine). Christopher J. Earle (14 de abril de 2009). "The Gymnosperm Database – Juniperus procera". Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2010. Consultado o 14 de febreiro de 2022.
  10. Farjon, A. (2005). Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Adams, R. P. (2004): Junipers of the World: The genus Juniperus. Victoria: Trafford. ISBN 1-4120-4250-X.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]