John Stanier
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de agosto de 1968 Baltimore |
| Educación | Plantation High School |
| Actividade | |
| Ocupación | batería |
| Período de actividade | 1989 |
| Xénero artístico | Metal alternativo |
| Instrumento | Batería |
| Selo discográfico | Ipecac Recordings |
John Stanier, nado o 2 de agosto de 1968 en Baltimore,[1] é un batería estadounidense coñecido polo seu traballo coa banda de metal alternativo Helmet. No presente toca no grupo de rock experimental Battles e anteriormente tamén tocou en Tomahawk e The Mark of Cain,[1] ademais de gravar en varios traballos como músico de estudio.
Stanier ten citado como influencias a Neil Peart de Rush, Holger Czukay de Can, Frank Beard de ZZ Top, Nicko McBrain de Iron Maiden, Chuck Biscuits, as baterías de Barry White e os éxitos de Ohio Players.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "John Stanier Songs, Albums, Reviews, Bio & Mor...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-02-14.
- ↑ Jones, Tim (2013-03-26). "John Stanier: High On The 'Hawk". DRUM! Magazine (en inglés). Consultado o 2025-02-14.