Saltar ao contido

Jerry Lewis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJerry Lewis

(1957) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joseph Levitch Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1926 Editar o valor en Wikidata
Newark Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 2017 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Las Vegas Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Irvington High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista, produtor de cinema, realizador, produtor, humanitario, escritor, actor, vaudeville performer (en) Traducir, produtor de televisión, actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión, director de cinema, cantante, guionista, guionista de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1945 Editar o valor en Wikidata - 2017 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica cómica, música pop tradicional, jazz, música pop e Swing Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoDecca Records Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalDean Martin: Martin and Lewis Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeSanDee Pitnick (1983–2017) Editar o valor en Wikidata
FillosGary Lewis Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webjerrylewiscomedy.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001471 Allocine: 3023 Rottentomatoes: celebrity/jerry_lewis Allmovie: an8160 81916 TV.com: people/jerry-lewis IBDB: 79448
Enciclopedia Galega Universal: 143838 BNE: XX1074646 Musicbrainz: 0b696251-6f12-42e1-9302-926581ea5e08 Songkick: 328268 Discogs: 1248950 WikiTree: Levitch-5 Find a Grave: 182580894 Genius: Jerry-lewis Editar o valor en Wikidata

Joseph Levitch, coñecido como Jerry Lewis, nado en Newark (Nova Jersey) o 16 de marzo de 1926 e finado en Las Vegas o 20 de agosto de 2017, foi un cómico, actor, cantante, produtor, guionista e director estadounidense. É coñecido polo seu humor slapstick no cinema, a televisión, a radio e o teatro. Orixinalmente formou parella artística con Dean Martin.

Durante máis de corenta anos Lewis foi o presentador do maratón televisivo da asociación de distrofia muscular.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lewis naceu en Nova Jersey nunha familia de orixe xudía rusa.[1] O seu pai, Daniel Levitch, era presentador de vodevil[2] e a súa nai, Rachel ("Rae") Levitch (Brodsky), tocaba o piano nunha emisora de radio.[3] Lewis comezou a actuar aos cinco anos e aos quince xa creara o seu "Record Act", no que interpretaba con mímica esaxeradamente as letras das cancións dun fonógrafo. Utilizou inicialmente o nome artístico de Joey Lewis, mais cambiouno para evitar confusións co cómico Joe E. Lewis e o boxeador Joe Louis.[4]

Conseguiu a fama co cantante Dean Martin no equipo cómico Martin and Lewis durante a década de 1940. A finais da década xa eran coñecidos en toda a nación, primeiro polas interpretacións en clubs nocturnos e despois co seu propio programa de radio. Debutaron na televisión o 20 de xuño de 1948 no programa de Ed Sullivan e comezaron no cinema en 1949 con My Friend Irma.

Porén, as personaxes de Martin nos filmes ían sendo cada vez menos importantes e finalmente a parella acabou rompendo o 24 de xullo de 1956, seguindo ambos os dous as súas carreiras en solitario con éxito. Tras algunhas aparicións xuntos reconciliáronse en 1987 trala morte do fillo de Martin e en 1989 actuaron xuntos no teatro por última vez.[5]

Trala ruptura, Lewis permaneceu na Paramount e converteuse nunha estrela da comedia a partir do seu primeiro filme en solitario, The Delicate Delinquent (1957).

En 1960 o atraso da estrea de Cinderfella levou á Paramount a pedirlle un filme propio e Lewis debutou como director con The Bellboy. A este seguiron outros filmes coescritos con Bill Richmond.

A partir de 1966 deu clases de dirección na Universidade do Sur de California nos Ánxeles; entre os seus alumnos estiveron Steven Spielberg e George Lucas.[6] Interveu tamén en musicais, debutando en Broadway en 1994 con Damn Yankees, coreografado por Rob Marshall.[7]

En 1983 protagonizou The King of Comedy, de Martin Scorsese.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Filmes de Martin e Lewis

[editar | editar a fonte]
AnoFilmePersonaxeNotas
1949My Friend IrmaSeymour
1950My Friend Irma Goes WestSeymour
1950At War with the ArmyPFC Alvin Korwin
1951That's My Boy'Junior' Jackson
1952Sailor BewareMelvin Jones
1952Jumping JacksHap Smith
1952Road to Bali'Woman' in Lala's DreamCameo
1952The StoogeTheodore RogersCoguionista sen acreditar
1953Scared StiffMyron Mertz
1953The CaddyHarvey Miller, Jr.
1953Money from HomeVirgil YokumFilmado en 3-D
1954Living It UpHomer Flagg
19543 Ring CircusJerome F. HotchkissReestreado en 1978 como Jerrico The Wonder Clown
1955You're Never Too YoungWilbur Hoolick
1955Artists and ModelsEugene Fullstack
1956PardnersWade Kingsley Sr/Wade Kingsley Jr.
1956Hollywood or BustMalcolm Smith

Filmes de Lewis

[editar | editar a fonte]
AnoFilmePersonaxeNotas
1957The Delicate DelinquentSidney L. Pythias
1957O recruta BixbyPrivate Meredith Bixby
1958Rock-A-Bye BabyClayton Poole
1958The Geisha BoyGilbert Wooley
1959Non abandóne-lo barcoJohn Paul Steckler I, IV, and VII
1959Li'l AbnerItchy McRabbitCameo
1960Visita a un pequeno planetaKreton
1960The BellboyStanley / El mesmoTamén director
1960CinderfellaCinderfella
1961The Ladies ManHerbert H. Heebert / Mama HeebertTamén director
1961The Errand BoyMorty S. TashmanTamén director
1962It's Only MoneyLester Marsh
1963The Nutty ProfessorProfessor Julius Kelp / Buddy Love / Baby KelpTamén director
1963O mundo está tolo, tolo, toloMan Who Runs Over HatCameo
1963Who's Minding the Store?Norman Phiffier
1964The PatsyStanley Belt / Singers of the TrioTamén director
1964The Disorderly OrderlyJerome Littlefield
1965The Family JewelsWillard Woodward / James Peyton / Everett Peyton / Julius Peyton / Capt. Eddie Peyton / Skylock Peyton / 'Bugs' PeytonTamén director
1965Boeing BoeingRobert Reed
1966Tres nun sofáChristopher Pride / Warren / Ringo Raintree / Rutherford / HeatherTamén director
1966Way...Way OutPete Mattermore
1967The Big MouthGerald Clamson / Syd ValentineTamén director
1968Don't Raise the Bridge, Lower the RiverGeorge Lester
1969Hook, Line & SinkerPeter Ingersoll / Fred Dobbs
1970One More TimeOffscreen voice of the bandleaderTamén director
1970Por onde se vai ó frenteBrendon Byers IIITamén director
1972The Day the Clown CriedHelmut DoorkTamén director; Filmado en 1971/1972; inédito
1981Hardly WorkingBo HooperTamén director. Estreado en Europa en 1980
1983The King of ComedyJerry LangfordFilmado en 1981; estreado en Europa en 1982
1983Cracking UpWarren Nefron / Dr. PerksTamén director; estreado en cines en 1985 como Smorgasbord
1984Slapstick (Of Another Kind)Wilbur Swain / Caleb SwainEstreado en Europa en 1982
1984Retenez Moi...Ou Je Fais Un MalheurJerry LoganFilme francés
1984Par où t'es rentré ? On t'a pas vu sortirClovis BlaireauFilme francés
1987Fight For LifeDr. Bernard AbramsTelefilme da ABC
1989CookieArnold Ross
1992Mr. Saturday NightGuestCameo
1994Arizona DreamLeo SweetieFilmado en 1991 e estreado en Europa en 1993
1995Funny BonesGeorge Fawkes
2008The Nutty ProfessorProfessor Julius Kelp / Buddy Love (voz)Secuela animada do orixinal de 1963
2010Curious George 2: Follow That Monkey!StationmasterVoz
2011Method to the Madness of Jerry LewisEl mesmoDocumental, tamén produtor
2013Max RoseMax Rose
2013Até que a Sorte nos Separe 2BellboyFilme brasileiro; actor invitado
2016The Trust
  1. "Jerry Lewis". Encyclopædia Britannica. Consultado o 26 de xuño de 2010.
  2. "The Official Jerry Lewis Comedy Museum and Store". Jerrylewiscomedy.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2009. Consultado o 23 de outubro de 2011.
  3. In Person, p. 12
  4. In Person, p. 85
  5. Lewis, Jerry; Kaplan, James (23 de outubro de 2005). "'We Had That X Factor' (Dean Martin and Jerry Lewis)". Parade. Consultado o 7 de novembro de 2008.
  6. Jerry Lewis: TV Guide Biography
  7. Canby, Vincent (13 de marzo de 1995). "Theater Review: Damn Yankees; Finally, Jerry Lewis Is on Broadway". The New York Times.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Everybody Loves Somebody Sometime (Especially Himself): The Story of Dean Martin and Jerry Lewis de Arthur Marx, Nova York: Hawthorn Books, 1974, ISBN 978-0-8015-2430-1.
  • The Jerry Lewis Films de James L. Neibaur e Ted Okuda. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 1994, ISBN 0-89950-961-4
  • King of Comedy: The Life and Art of Jerry Lewis de Shawn Anthony Levy. Nova York: St. Martin's Press, 1997, ISBN 978-0-312-13248-4
  • That Kid: The Story of Jerry Lewis de Richard Gehman. Nova York: Avon Books, 1964.
  • Young, Jordan R. (1999). The Laugh Crafters: Comedy Writing in Radio & TV's Golden Age. Beverly Hills: Past Times Publishing. ISBN 0-940410-37-0.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]