Huesca
| Huesca | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||
Huesca (en aragonés: Uesca[1], en galego antigo: Osca[2], oficialmente Huesca/Uesca) é unha cidade española, capital da provincia de Huesca e da Plana de Uesca, situada ao norte da comunidade autónoma de Aragón. O xentilicio correspondente a esta cidade é o de oscense.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Huesca está situada a suroeste da súa provincia, en territorio do Somontano pirenaico, caracterizado por pequenas elevacións, aínda que ás veces abruptas (os mallos), que alternan con chairas e depresións. Nunha destas, chá e feraz, regada polo río Isuela, érguese a cidade ("Hoya de Huesca"). O clima é mediterráneo continentalizado.
Historia
[editar | editar a fonte]En época prerromana os ilerxetes ocupaban a rexión oscense. A cidade denominábase Bolskan, e cuñaba moeda no século II a.C. Durante o século I a.C., co nome de Osca, era xa unha cidade plenamente romanizada. Foi capital da Hispania de Sertorio, revirada contra a República Romana. Suponse que Sertorio morreu nesta cidade.
Foi elevada á categoría de municipio por Augusto no ano 30 a.C., máis dependente con todo de Cesaragusta. Plinio o Vello sitúa Osca na rexión que chama Vescitania. Probabelmente é a mesma cidade que Estrabón cita como Ileoscan. Creuse que tiña minas de prata, cousa que o padre Flórez puña en dúbida.
Após a etapa visigoda e a invasión árabe, Osca ficou so o control dos musulmáns, que a chamaron Wasqa. Situada na fronteira cos reinos cristiáns do norte, a cidade sofreu constantes tentativas de cerco, o que a transformou nunha base militar de primeira liña. No ano 1094 o rei cristián Sancho III de Aragón tentou, unha vez máis, tomar Huesca, construíndo preto o castelo de Montearagón, mais morreu dunha setada cando realizaba un recoñecemento da muralla. Dous anos despois, na primavera de 1096, un exército cristián liderado polo rei Pedro I asediou a cidade durante seis meses. Huesca foille entregada ao rei Pedro o 26 de novembro de 1096, que trasladou a capital do reino de Aragón para a cidade. Porén, cando o rei Afonso o Batallador tomou Zaragoza en 1118 esta pasou a ser a capital.
En 1837 o pretendente carlista Carlos María Isidro tomou a cidade. Durante a guerra civil, Huesca caeu en mans dos militares sublevados. Os intentos das tropas republicanas por retomala varias veces foron inútiles, a pesar de dominaren a próxima Montearagón.
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]
- Catedral, gótica, edificada entre 1275 e 1515, sobre construcións anteriores. Altar maior obra de Damián Forment. Posúe fermosas capelas e notábel cripta. Vitrais de Francisco de Valdivieso. O claustro, porén, é románico.
- Museo diocesano.
- Pazo episcopal.
- Igrexa de San Pedro o Vello, igrexa románica con interesante claustro do mesmo estilo. Sepulcros de reis aragoneses. Altares do XVI e XVII.
- Igrexa de San Miguel, obra de transición románico-gótica.
- Igrexa de San Lourenzo, edificación complexa, con obra gótica, e fachada barroca. Pinturas de Jusepe Martínez.
- Igrexa dos santos Domingos e Martiño, gótica en orixe, con reformas barrocas.
- Igrexa de San Vicente, barroca, en ladrillo.
- Seminario da Santa Cruz, con igrexa de 1571, que conserva a ábsida, anterior, gótica.
- Casa do Concello, obra tardo-renacentista de Miguel de Allué, sita na mesma praza da catedral.
- Colexio Imperial, datado en 1534, na mesma praza que o edificio devandito.
- Conxunto da Universidade Sertoriana, formada polo palacio dos Reis de Aragón, a Zuda árabe e o Museo Provincial, que exhibe desde frescos románicos a coleccións pictóricas de mestres renacentistas, barrocos e outros.
Festas
[editar | editar a fonte]- San Vicente, festas menores (22 de xaneiro).
- San Xurxo (23 de abril).
- San Lourenzo, festas maiores da cidade (9 a 15 de agosto).
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Uesca é o topónimo en aragonés e tamén oficial segundo a Lei 27/2002, de 26 de novembro, de creación da comarca de Hoya de Huesca/Plana de Uesca Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Osca". Dicionario de dicionarios do galego medieval.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Huesca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concello de Huesca
- El Altoaragón y Huesca Portal Web
- Unha visión diferente de Huesca Arquivado 03 de abril de 2012 en Wayback Machine.
- Rueiro fotográfico da cidade
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
