Saltar ao contido

Highlanders

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Highlanders
NomeHighlanders
Fundación1996
SedeDunedin, Nova Zelandia
Estadio(s)Forsyth Barr Stadium, Dunedin
Capacidade30.700 espectadores
Adestrador Glenn Moore
Capitán Jimmy Cowan
Liga(s)Super Rugby
2011
Casa
Fóra
Na rede
http://www.highlanders-rugby.co.nz
Instagram: highlandersteam Editar o valor en Wikidata
Federacións provinciais que forman os Highlanders.

O Highlanders é un equipo de rugby neozelandés que compite no Super Rugby. Foi fundado en 1996 e está administrado pola Otago Rugby Football Union xogando os seus partidos como local no Forsyth Barr Stadium na cidade de Dunedin.

Os Highlanders xogaron os seus encontros como locais no estadio Carisbrook ata a tempada 2011. Na Copa do Mundo de Rugby 2011 a cidade estreará o novo Forsyth Barr Stadium, que será o novo fogar dos Highlanders a partir do ano 2012. Este recinto deportivo terá unha capacidade para acoller a 30.700 seareiros.

Forsyth Barr Stadium, novo fogar dos Highlanders.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2011 os Highlanders contaron cun cadro de 34 xogadores:

Nome Posición Nacemento Nacionalidade Encontros
(puntos)
Provincia Debut
(ano)
Halani Aulika1ª Liña31/08/1983Tonga Tonga1 (0)Otago2011
Chris King1ª Liña30/04/1981Nova Zelandia Nova Zelandia83 (30)Southland2005
Jamie Mackintosh Capitán1ª Liña20/02/1985Nova Zelandia Nova Zelandia47 (5)Southland2007
Bronson Murray1ª Liña06/11/1982Nova Zelandia Nova Zelandia31 (5)Northland2010
David Te Moana1ª Liña16/02/1982Nova Zelandia Nova Zelandia16 (0)Wellington2011
Brayden MitchellTalonador21/01/1989Nova Zelandia Nova Zelandia4 (0)Southland2011
Jason RutledgeTalonador15/12/1977Nova Zelandia Nova Zelandia43 (40)Southland2004
Mahonri SchwalgerTalonador15/09/1978Samoa Samoa26 (0)Taranaki2005
Josh Bekhuis2ª Liña26/04/1985Nova Zelandia Nova Zelandia42 (10)Southland2009
Tom Donnelly2ª Liña01/10/1981Nova Zelandia Nova Zelandia65 (15)Otago2004
Jarrad Hoeata2ª Liña12/12/1983Nova Zelandia Nova Zelandia21 (0)Taranaki2011
Joe Tuineau2ª Liña18/08/1981Tonga Tonga7 (0)Southland2010
Nick Crosswell3ª Liña03/04/1986Nova Zelandia Nova Zelandia21 (0)Manawatu2011
John Hardie3ª Liña27/07/1988Nova Zelandia Nova Zelandia21 (0)Southland2010
Alando Soakai3ª Liña27/02/1984Nova Zelandia Nova Zelandia58 (15)Otago2007
Adam Thomson3ª Liña13/03/1982Nova Zelandia Nova Zelandia52 (75)Otago2006
Elliot DixonNúmero 804/09/1989Nova Zelandia Nova Zelandia-Southland2011
Nasi ManuNúmero 815/08/1988Nova Zelandia Nova Zelandia33 (10)Canterbury2010
Jimmy CowanMedio Melé06/03/1982Nova Zelandia Nova Zelandia94 (40)Southland2003
Sean RomansMedio Melé27/07/1985Nova Zelandia Nova Zelandia11 (0)Otago2009
Aaron SmithMedio Melé21/11/1988Nova Zelandia Nova Zelandia12 (0)Manawatu2011
Tony BrownApertura17/01/1975Nova Zelandia Nova Zelandia107 (936)Otago1996
Robbie RobinsonApertura22/08/1989Nova Zelandia Nova Zelandia20 (54)Southland2010
Colin SladeApertura10/10/1987Nova Zelandia Nova Zelandia29 (64)Canterbury2011
Lima SopoagaApertura03/02/1991Nova Zelandia Nova Zelandia6 (51)Wellington2011
Kendrick LynnCentro30/11/1982Nova Zelandia Nova Zelandia34 (20)Southland2009
Matt SaundersCentro13/09/1982Nova Zelandia Nova Zelandia34 (50)Southland2004
Shaun TreebyCentro26/01/1989Nova Zelandia Nova Zelandia12 (5)Wellington2011
James PatersonÁ11/04/1987Estados Unidos de América Estados Unidos21 (10)Southland2010
Siale PiutauÁ13/10/1985Tonga Tonga15 (15)Counties Manukau2011
Kade PokiÁ17/01/1988Nova Zelandia Nova Zelandia26 (30)Tasman2011
Telusa VeainuÁ26/12/1990Nova Zelandia Nova Zelandia5 (0)Canterbury2011
Kurt BakerZagueiro07/10/1988Nova Zelandia Nova Zelandia-Taranaki2011
Ben SmithZagueiro01/06/1986Nova Zelandia Nova Zelandia42 (40)Otago2009

Para o ano 2012 chegarán novos xogadores como Hosea Gear e Andrew Hore, e marcharán outros como Alando Soakai, Robbie Robinson e Tom Donnelly. Noutros anos teñen formado parte dos Highlanders algunhas grandes estrelas deste deporte como Jeff Wilson, Anton Oliver, Byron Kelleher ou Carl Hayman.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
TempadaXogadosVitoriasEmpatesDerrotasPuntos+Puntos-DiferenzaBonusPUNTOSPosiciónPlayoffs
2011 16808296343-47545
2010 133010297397-10061812º
2009 13409254269-81102611º
2008 133010257338-8171911º
2007 13508235301-66727
2006 13607228276-48327
2005 116142212147127
2004 11416299347-48826
2003 1160528724641529
2002 11803329207122638(caeu nas semifinais fronte ós Crusaders)
2001 11605284295-11529
2000 1160532028040832(caeu nas semifinais fronte ós Crusaders)
1999 1180328020377335(caeu nas semifinais fronte ós Crusaders)
1998 1170434327964634(caeu nas semifinais fronte ós Blues)
1997 11308299409-11051712º
1996 11506329391-62626

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]