Haninge é un municipio arquipélago sueco (kommun) do condado de Estocolmo.[1] A súa capital é Handen, que forma parte da área urbana de Estocolmo. En decembro do ano 2024 o concello tiña unha poboación de 100 895 habitantes.[2]
O nome Haninge formouse aparentemente co sufixo -inge, para nomear condicións de terreo marcadas, neste caso Hanveden,[3] unha zona de bosque no oeste do concello. Haninge foi probablemente o nome dunha estación postal na parroquia de Österhaninge.
O concello está situado na illa de Södertörn, na parte nordés da provincia histórica de Södermanland. Ao leste, o municipio limita co mar Báltico co arquipélago sur de Estocolmo. Ao sueste atópase o concello de Nynäshamn, ao oeste o de Botkyrka, ao noroeste o de Huddinge e ao nordés o de Tyresö, todos eles no condado de Estocolmo.
↑Strid, Jan Paul (1981). Ortnamnen i Huddinge. Huddinge: Red.-komm. för Huddinges historia, Huddinge kommun: [Huddinge bokh. (distr.)]. ISBN978-91-86286-00-2.